Skip to Content

Matemáticas

día das Matemáticas. Número PI

O pasado día 14 de marzo celebrouse o día das Matemáticas, por ser o día de ∏

Vídeo explicando o porqué de este día.

 

CHARLA: EDUARDO SÁENZ DE CABEZÓN

O vindeiro Luns 13 de Febreiro, Eduardo Sáenz de Cabezón acudirá ao Carballiño.

Ofrecerá unha conferencia " El espejismo de la mayoría".

No IES Nº1 acudirá o alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato ás 16:00h no salón de actos.

 

Actividade organizada polos departamentos de matemáticas do IES Nº1 e IES Manuel Chamoso Lamas.

Papá Noel

III CONCURSO DE RELATOS E POEMAS MATEMÁTICOS

 

CONSULTA AS BASES NO DOCUMENTO ADXUNTO

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

 

CONSULTA AS BASES NO DOCUMENTO ADXUNTO

Concurso de "Novos Poliedros" de Igaciencia

Igaciencia convocou un concurso para dar nomes en galego de algúns novos poliedros.

Para participar había que crear o novo poliedro, e poñerlle un nome en galego.

Participaron neste concurso 5 alumnas de 2º da ESO C, fixeron un deseño en papel, utilizando a papiroflexia, e outro deseño cun desenrolo plano do dodecaedro. Logo coa axuda de Xurxo Sánchez Arines, profesor de programación e tecnoloxía, conseguimos tamén un modelo coa impresora 3D.

O nome das alumnas participantes é:

Alejandra Castro Santiago

Sabrine Farid

Inés Garrido Fernández

Mara Gómez Torres
 
Aldara González Mosquera

Presentamos o poliedro feito por estas alumnas e acompañadas pola profesora Carmen Sánchez.

Chámase:  "ESTRELEDRO"

 

 

Podes ver todos os traballos na páxina de Igaciencia.

http://www.igaciencia.eu/gl/node/371

Igaciencia

 

25 N : O IES Nº1 DI NON

O alumnado de 2º da ESO C na hora de "afondamento dunha materia", matemáticas, fixeron un mural con mariposas de papiroflexia para decir NON á violencia de xénero, e recordar así a orixe da celebración desta data.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut