Xunta de Delegados

FUNCIÓNS DE DELEGADOS Y XUNTA DE DELEGADOS

Funcións da Xunta de Delegados

Segundo o Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro, son funcións das Xuntas de Delegados as seguintes:

a) Recibir información dos representantes dos alumnos e alumnas no Consello Escolar sobre os temas tratados nel, e das confederacións, federacións estudiantís e organizacións xuvenís legalmente constituídas.

b) Elevar ó equipo directivo propostas para a elaboración do proxecto educativo do centro, por iniciativa propia ou por petición daquel.

c) Informa-los representantes dos alumnos no Consello Escolar dos problemas de cada grupo ou curso.

d) Elaborar informes para o Consello Escolar por iniciativa propia ou por petición deste.

e) Elaborar propostas de modificación do Regulamento de réxime interior, dentro do ámbito da súa competencia.

f) Informa-los alumnos e alumnas do centro das actividades da xunta de delegados.

g) Formularlles propostas ós xefes de estudios para a elaboración dos horarios e ó xefe do equipo de actividades complementarias e extraescolares para a súa organización.

h) Debate-los asuntos que vaia trata-lo Consello Escolar no ámbito da súa competencia e elevar propostas de resolución ós seus representantes nel.

i) Aqueloutras funcións que lle sexan atribuídas normativamente.


Funcións dos Delegados

Segundo o Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro as funcións do Delegado de grupo son as seguintes:


a) Asistir ás reunións da Xunta de Delegados e participar nas súas deliberacións.

b) Expoñerlles ás autoridades académicas as suxestións e reclamacións do grupo ó que representan.

c) Fomenta-la convivencia entre os alumnos e alumnas do seu grupo.


d) Colaborar cos profesores e co equipo directivo do centro para o seu bo funcionamento.

e) Coidar da adecuada utilización do material e das instalacións do centro.


Os delegados non poderán ser sancionados polo exercicio das súas funcións como voceiros dos alumnos, nos termos establecidos pola normativa vixente.

 

Distribuir contido