Actividades dentro do Centro

CONTACONTOS INGLÉS- GALEGO

19/12/2018 12:10
Africa/Addis Ababa

                             

 

Hoxe o alumnado do centro  asistiu á  actividade de contacontos en inglés e galego, da man das narradoras Patricia McGill e Charo Pita.  Estas contadoras profesionais versionaron algúns relatos da tradición oral  nos que apareceron bruxas,cabaleiros, paxariños metidos en problemas, damas encantadas e ata o mesmísimo rei Artur.  A actividade,organizada polos departamentos de Inglés, Galego e Biblioteca , desenvolveuse  en dúas sesións ( a primeira para o alumnado de 3º e 4º de ESO  e a segunda para o alumnado de 1º e 2º ). Foi moi amena e interesante.

 

TEATRO A PROL DO COMERCIO XUSTO

10/12/2018 16:10
Africa/Addis Ababa


O Concello de Sada  posibilitou a representación no noso instituto da obra " Vaya Tela!" dentro da campaña " Consumo con sentido, concellos coruñeses co Comercio Xusto". Logo da representación houbo un pequeno espazo de reflexión sobre a necesidade  do consumo responsable no que participou o alumnado de 3º e 4º de ESO.

 

SESIÓN DE ATRAPASOÑOS DE 1º E 2º DE ESO .

14/12/2018 22:04
Africa/Addis Ababa

   Hoxe , como todos os venres , houbo sesión do club de lectura Atrapasoños. Esta vez reuníronse os Atrapasoños pequenos de 1º e 2º de  ESO.

O conto escollido foi 7-X de Rosa Aneiros.

MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ .

MOSTEIRÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

26/11/2018 18:54
Africa/Addis Ababa

 

Para conmemorar o Día contra a Violencia Machista, A Esperela botou man do poemario de Carlos Negro "Masculino Singular". Seleccionamos varios poemas visuais e fixemos a nosa representación nun recanto de reflexión. O alumnado de 3º preparou unha performance para expresar a nosa repulsa contra o maltrato.

 

 


                                                                       Fachada do CEIP

CONCERTO DE PIANO

Hoxe no primeiro recreo recibimos a visita de Ander, un estudante de piano que nos ofreceu un concerto de piano con 3 pezas de J.S.Bach, F. Liszt e Schubert

OS ATRAPASOÑOS RETOMAN A SÚA ACTIVIDADE

26/10/2018 12:10
Africa/Addis Ababa

 

Hoxe comezamos  de novo a actividade dos Atrapasoños, o noso club de lectura. Foi unha grande satisfacción  ter tanta asistencia neste novo encontro na biblioteca escolar.  Na primeira sesión do curso o relato escollido foi o titulado "Once" de Sandra Cisneros, unha escritora, novelista e poeta estadounidense de ascendencia mexicana, moi coñecida polas súas obras  A casa de Mango Street e Caramelo.

 

ÚLTIMA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA NESTE CURSO

         Hoxe tivo lugar ,na biblioteca A Esperela, a última reunión dos membros do club de lectura Atrapasoños. Esta sesión pon fin neste curso a unha viaxe arredor de 24 lecturas que se realizaron nos recreos dos xoves . Ao alumnado participante entregóuselle en cada sesión un relato e un marcapáxinas . A experiencia pagou a pena , así que o ano que vén repetimos.  AQUÍ pódese visitar o blog do club de lectura.

ALUMNADO DE CUARTO CONTA CONTOS PARA EDUCACIÓN DE INFANTIL

O Alumnado de 4º de ESO realizou unha actividade, promovida desde a Biblioteca escolar, consistente na asistencias ás clases de educación infantil para contar un conto. Ademais de ser enriquecedora, resultou un éxito. Aquí  pódense ver fotos e un vídeo.

ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Neste último trimestre do curso, desde a Biblioteca A Esperela , véñense organizando varios encontros con exalumnos do noso centro que xa remataron os seus estudos. A actividade , dirixida ao alumnado de 4º de ESO, desenvolveuse nas horas de titoría .

                                                                                                                                                                                                                

 



OBRADOIRO DE XORNALISMO NO NOSO INSTITUTO

Hoxe, 5 de marzo, contamos na Esperela coa presenza do noso querido exalumno Pablo Díaz Bouza, xornalista graduado pola USC , que impartiu unha  charla sobre a súa profesión e a influencia das noticias e dos medios de comunicación. Foi interesantísimo e un pracer escoitalo. Moitas grazas, Pablo! 

Distribuir contido