Antes de nada, feliz aninovo a toda a comunidade de O Mosteirón. Espero que gozásedes moito destas vacacións de Nadal que xa chegaron ao seu fin e que mañá empecemos a segunda avaliación con ánimo e ganas de aprender, gozar cos compañeiros/as e soñar con novas lecturas.
Déixovos este calendario de "Hora de Ler" que comeza mañá día 8 de xaneiro. Ollo cos grupos que irán á biblioteca mañá:
1º E.S.O. A - 11:20 hora de matemáticas.
3º E.S.O. A - 13:20 hora de L.C.
2º E..S.O. A - 15:20 hora de matemáticas.