DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O Día mundial do ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972.
Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na
Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se
iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema
principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a
creación do "Programa das Nacións Unidas para o ambiente"
(PNUMA).
Con este día, a organización de Nacións Unidas procura sensibilizar
a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a
atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un
contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen
en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo;
promover o papel fundamental das comunidade no cambio de
actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois
esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis
prospero e seguro.
O Día mundial do Medio Ambiente é un evento no que se realizan
múltiples actividades: concentracións en rúas, concertos ecolóxicos,
ensaios e competencias en escolas, plantacións de árbores,
campañas de reciclaxe e de limpeza, entre outras. En moitos países
esta celebración é unha oportunidade de asinar ou ratificar
convenios internacionais e, algunhas veces, establecer estruturas
gobernamentais permanentes relacionadas co manexo ambiental e
a planificación económica.
Este ano 2020 o tema é " A BIODIVERSIDADE" . Aquí tedes un vídeo:
https://youtu.be/Ls8wpOtH5SQ
A pandemia do COVID19 é un aviso da natureza para que a
humanidade tome conciencia da importancia da biodiversidade
tamén para a nosa saúde como especie que habita o planeta.
No seguiente vídeo en inglés tedes tamén unha explicación sobre
esta problemática.
https://youtu.be/2rr7u04m5Nc