O centro
Familias
Iniciar sesión
Formación para as familias
Anónimo — Mér, 2021-01-20 09:07
Estimada Comunidade Educativa do IES de Mos:
Na nosa solicitude do Contrato-Programa deste curso 2020-2021 solicitamos a liña 01.c: Mellora das competencias clave. Competencias básicas en TICs
Un dos obxectivos que establecimos foi:
"Desenvolver habilidades tecnolóxicas nas familas, alumnado e persoal non docente"
Neste contexto a idea é proporcionar formación ás familias que o soliciten nas seguintes temáticas:
- Instalación da aplicación Abalar coa que poder ver os resultados académicos dos seus fillos e fillas, porse en contacto co titor/a dos seus fillos/as, concertar citas co profesorado que inflúe na formación dos seus fillos/as...
- Respostas sobre a chave 365 (imprescindible para porse en contacto coa Administración): para que serve, onde obtela e como empregala
- Enviar un correo electrónico e adxuntar en dito correo un correo adxunto.
A idea é facilitar a formación precisa para establecer contacto con nós a pesar da situación que estamos a vivir.
Dita formación desenvolverase no IES de Mos e é totalmente gratuita.
Todas aquelas persoas que estean interesadas pode pórse en contacto co IES de Mos.
Un saúdo
A Dirección do IES de Mos