Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019

Orde do 4 de febreiro de 2019, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

 

prazo de presentación de solicitudes comeza o día 21 de febreiro e remata o día 20 de marzo.

 

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

separador

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA O ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

 

Publicada a Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

 

Prazos de presentación de solicitudes:

 

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.

 

Máis información: Preme na opción elixida.

Orde de 8 de xaneiro de 2019

Información das probas de acceso a Grao Medio

Información das probas de acceso a Grao Superior

Calendario das probas de acceso

 

separador

VISITANDO INDITEX

       
 
 Inditex_1
   
     
     
       
       Como os anos pasados, o pasado luns 28 de xaneiro estivemos visitando as instalacións que Inditex ten en Arteixo. Primeiro visitamos a sede, onde puidemos ver como traballan os country managers, deseñadores, comerciais, Zara online e sesión de fotografías. Logo visitamos unha fábrica e, finalmente o centro loxístico. Tras a visita a Inditex fomos a comprobar como se completa o ciclo do produto no Marineda City    
       
  s    

VIAXE A NEVE. ANDORRA 2019

         
   Andorra  
   
         
 

       Durante a semana do 14 ao 18 de Xaneiro, o alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato, puido gozar de cinco xornadas de esquí e snow. O tempo acompañounos, con ceos despexados e incluso calor en cotas baixas da estación, pero o xoves, para ledicia do alumnado puidemos ver nevar durante a mañá, fenómeno novo  para moitos deles . Despois das xornadas de esquí puidemos gozar de paseos pola capital Andorrana  e a última noite da nosa viaxe visitamos o centro termo-lúdico de Caldea.

                              Repetimos para o ano!!!

 
         
   separador  

ACTIVIDADES DE NADAL 2018

         
 
nadal_1
 
 Nadal_2
 
     
     
         
        O pasado 21 de decembro adiantámonos ao Nadal cunha serie de actividades no Monte da Vila. Durante as dúas últimas sesións da xornada, e dado que o tempo veu chuvioso, o alumnado participou en diversas actividades de interior: houbo torneos de videoxogos en varias aulas e un torneo de xadrez, así como un torneo de birilé. Baixo os soportais, houbo un karaoke que conseguiu atraer a unha boa cantidade do alumnado. E, ao finalizar as actividades, chegaron as vacacións!"
   
      nadal

CONCENTRACIÓN SILENCIOSA

     
        Hoxe, 10 de decembro do 2018, ás 12:30h. a comunidade escolar do IES Monte da Vila do Grove levou a cabo un acto de repulsa aos acontecementos de violencia de xénero producidos no Grove o mércores 5 de decembro.
O acto consistiu en reunirse todos nas pistas polideportivas do centro gardando un minuto de silencio.
 
   
   
 
concentración
 
 
  separador   

ELECCIÓNS A ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN DOS FUNCIONARIOS PÚBLICOS 2018

         
  eleccións  
         
     

O martes 4 de decembro do 2018 celebrouse a votación para elexir os representantes do profesorado na xunta de persoal.

O número de candidaturas foi de sete: CC.OO., U.G.T., C.I.G., C.S.I.F., S.T.E.G., A.N.P.E. e U.S.O.G.

O resultado da votación quedou da seguinte maneira:

C.I.G.    : 14 votos.

U.G.T.   :   3 votos.

CC.OO.  :   2 votos. 

S.T.E.G. :   2 votos.

C.S.I.F.  :   2 votos.

A.N.P.E. :   1 voto.

U.S.O.G. :   1 voto.

 

 
     
     
   separador  

VIOLENCIA DE XÉNERO

 

   
lazo

O IES MONTE DA VILA REXEITA

A  VIOLENCIA DE XÉNERO

 

         05 - DECEMBRO - 2018                                                                                                                                                                           

   
 

 

 

CLUB DE LECTURA NA BIBLIOTECA

         
  comic  

Como podedes ver, cada vez somos máis no club de lectura. É unha actividade que está resultando moi atractiva para o alumnado e moi gratificante para a profesora Angeles De la Sota que organiza estas reunións.

No primeiro recreo acordamos facer uns debuxos para presentarlle a Manel Craneo, que virá ao noso centro a impartir un obradoiro. En xaneiro, temos a idea de facer ilustracións sobre zombies para o II Festival de Arte e Novela Negra, en referencia á obra Joe Álamo, Tom Z.

A recomendación para a segunda reunión é "A mansión dos Pampín" de Miguel Anxo Prado. Recomendóuselles tamén o maravilloso libro Ardalén e a curtametraxe De Profundis.

Tamén solicitamos recomendacións dos membros do club de lectura para a próxima compra de exemplares antes de Nadal.

 
     
     
         

separador

20000 LIEUES SOUS LES MERS

         
  teatro     pontesampaio  
     
     
         
 

       72 alumnos participantes de segundo e terceiro da ESO, acompañados polas profesoras Dna. Mª Sol Blanco Lamosa, Dna. Clementina García Moledo e os profesores D. Ricardo Santiago Mozos e D. Carlos Domínguez Soutullo, asistiu á representación teatral "20000 lieues sous les mers" de Julio Verne no teatro Principal de Pontevedra.

Na representación teatral comunicóusenos o amor a ciencia por parte do personaxe do profesor Aronnax, representado neste teatro por unha muller, tamén a necesidade de coidar os mares e océanos do noso planeta, onde viven tantas fermosas e abraiantes criaturas. Ao finalizar a obra os actores e actrices contestaron as preguntas do público allí asistente, moitas delas dos noso alumnado.

A saída do teatro fixeron un percorrido polos máis destacados monumentos da cidade: Casa do concello, estátua dos heroes de Pontesampaio, Biblioteca de centro Méndez Nuñez, etc.

 
         
Distribuir contido