Skip to Content

CURSO 2020/2021

Gañador Concurso virtual de Entroido

Presentamos a fotografía premiada no concurso, unha recreación da famosa pintura de Magritte "O Fillo do Home" realizada polo alumno de 1º C de ESO David Hernando Alvariñas.

  

Día da muller e da nena na ciencia

Traballos realizados por alumnado de 1º de ESO da materia de Ciencias Naturais para conmemorar dito evento

Entroido

Charlas ADAFAD

 Durante o mes de febreiro a Asociación Emilia Gómez ADAFAD ofrecerá charlas sobre prevención de drogodependencias ao alumnado de 1º e 2º de ESO e sobre a adición ao xogo en 4º de ESO en horario de titorías.

Charla: Da guerra coma arte / A arte en contra da guerra

Charla audiovisual que será ofrecida para o alumnado de 1º BAC B.

Reportaxe fotográfica da conferencia. Fotos de Xurxo Lobato

Programa de divulgación en doazón e transplante

 

 

 

O pasado martes 19 de xaneiro o alumnado da materia de Cultura Científica de 1º de BAC asistiu a unha videoconferencia organizada pola Oficina de Coordinación de Transplantes do Hospital Universitario da Coruña en colaboración coa Coordinación autonómica de Transplantes. Coordinou a profesora Olaya Domarco.

 

Charlas ACLAD

Estanse a realizar as charlas da asociación ACLAD sobre prevención de drogas en 3º e 4º de ESO e sobre o uso das redes sociais en 2º de ESO  durante o mes de xaneiro de 2021 en horas de titoría.

 

DIVULGAMENTE

A Fundacion Barrié xunto coa Federación Alzhéimer Galicia ofreceron unha charla virtual ao alumnado de 2º de BAC que cursa a materia de Psicoloxía sobre como afectan as demencias, en especial  a enfermidade de Alzheímer, ao cerebro. O profesor José Luis R. Alcalá foi o mediador..

Visita virtual ao Museo GAIÁS

 

O venres 11 de decembro de 2020 realizouse unha visita virtual, “De Nós a Nos”,  ao Muso Gaiás na clase de 4º A de ESO coa profesora Ana I. Martínez .

 
Distribuir contido


by Dr. Radut