You are hereActividades

Actividades


Participación en SpainSkills 2022

Esta semana tres alumnos do IES Montecelo representan a Galicia na competición SpainSkills 2022 en Madrid, nas categorías de Xardinaría paisaxística e Floraría. Hoxe remata a competición e están a facer as últimas probas en Floraría e a dar os últimos retoques ao xardín en Xardinaría paisaxística. Estes son os protagonistas e parte do seu traballo.

 

 

XII Día da Ciencia en galego

 

O alumnado do ciclo de farmacia e parafarmacia comparte Ciencia en Galego nos recreos dos mércores do mes de novembro cos compañeiros e profesores do IES Montecelo. Realizaron determinacións volumétricas, cálculo de densidades e diferentes técnicas de separación, amosando o material e aparellos empregados nestas operacións de laboratorio.

Gañadoras do concurso de fotos de outono 2020

1º premio para Mara Galván Domínguez, alumna de 1º do ciclo superior de Deseño e xestión da producción gráfica.

 

2º premio para Zoe Baqueiro Valladares, alumna de 1º do ciclo superior de Deseño e xestión da producción gráfica.

 

 

 

Gañadoras do concurso de postais de nadal 2020

Sol Vicente Míguez, alumna de 1º do ciclo superior de Deseño e xestión da producción gráfica é a autora da postal de nadal gañadora do concurso organizado polo centro.  O toque de actualidade ao misturar o nadal co "complemento de moda", a mascarilla, conquistou ao xurado encargado de elixir aos gañadores.

 

 

Tamén acadou un premio a postal de Zoe Baqueiro Valladares, alumna de 1º do ciclo superior de Deseño e xestión da producción gráfica, cunha postal amosando o centro nevado.


 

Lembrando ás vítimas da violencia de xénero

Como todos os anos a comunidade educativa do IES Montecelo realizou un acto de recordo as vítimas. Unha árbore coas follas secas era o opunto de partida, onde un grupo de alumnos e alumnas ían depositando unha folla verde  en substitución dunha seca, ao tempo que se lían os nomes de cada unha das vítimas do 2020. A folla verde representaba o recordo e o respecto a cada unha delas. Na lectura intercalábanse frases e versos. Todos os partcipantes recibiron un bolsa de tela co lema "Stop violencia de xénero. Basta xa" serigrafiado polo alumnado dos ciclos de Artes gráficas.

Homenaxe ás vitimas violencia de xénero

Outro ano máis o IES Montecelo homenaxea ás vítimas da violencia de xénero cun acto participativo de todo o alumnado.

O músico Iván Pérez visita o noso centro

O vindeiro día 20 o músico Iván Pérez membro do grupo True Mountains virá de visita o IES Montecelo para intercambiar opinións sobre música e cultura en xeral co alumnado de FP básica do centro.

Ademáis, Pérez ofrecerá un concerto no centro onde poderemos deleitarnos co seu carisma e paixón escoitando os seus temas, entre os que se inclúe "No hay perdedor", cuxa letra foi escrita por Gabriel Jesús Molina Medina, alumno de 1° de FP básica de Artes Gráficas do IES Montecelo, no marco dun concurso de poesía do módulo de Comunicación e Sociedade.