You are hereBlogues / blogue de admin / Listaxes provisionais de solicitantes de ciclos formativos. Curso 20/21

Listaxes provisionais de solicitantes de ciclos formativos. Curso 20/21


Publicadas as listaxes provisionais de solicitantes de prazas en ciclos formativos para o curso 2020/2021.

Para visualizar os seus datos, deberá obter previamente o seu código persoal de solicitude pulsando no seguinte enlace Ver código persoal de consulta, onde se xerará o seu código introducindo o seu DNI e o código da súa solicitude (o que está debaixo do código de barras).

Despois deberá buscar no documento pdf das listaxes o seu código personal de consulta, e comprobar os seus datos. Empregue o buscador do lector de pdf que empregue, facendo click dereito na primeira páxina da lista, seleccione a opción buscar e introduza o seu código personal de consulta.

Debe comprobar que os seus datos son ou non correctos. Si están correctos, deberá esperar á publicación o día 21 de xullo das listas definitivas de solicitantes e das listas de adxudicados. Se non están correctos, deberá formular unha reclamación no centro de entrega ata as 13 h do día 15 de xullo.

AdxuntoTamaño
listaxe_prov_ord_graomedio_ordinario_2020.pdf3.25 MB
listaxe_prov_ord_graosuperior_ordinario_2020.pdf6.39 MB
Etiquetas