You are hereBlogues

Blogues


DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA CICLOS 21/22

O alumnado que obteña praza en algunha das adxudicacións deberá formalizar a súa matrícula coa presentación no prazo estipulado 

A folla de matrícula descárgase na mesma páxina onde se fixo a solicitude: impresión matrícula

A documentación que terá que entregar coa matrícula é a que figura a continuación:

LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITANTES CICLOS FORMATIVOS

Publicadas as listaxes provisionais de solicitantes a ciclos formativos de grao medio e superior para o curso 2021/2022 do réxime ordinario e persoas adultas.

Prazo de reclamacións: desde as 9:00 horas do luns 12 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 14 de xullo de 2021. As reclamacións deberán cargarse co asistente informático de Servizos en liña.

Toda a información no seguinte enlace: Admisión ciclos. Información listaxes provisionais e reclamacións

 

ADMISIÓN CICLOS MEDIOS E SUPERIORES 2021/2022

O prazo de admisión a ciclos medios e superiores para o curso 2021/2022 estará aberto dende o 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13h (excepto FP Dual que será ata o 2 de xullo).

Calendario (ver documento adxunto)

A solicitude debe crearse na aplicación web de ciclosadmision e pódese facer totalmente online se adxunta o documento escaneado que lle solicita a aplicación.

Información específica para grao medio en: http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-medio

Información específica para grao superior en: http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-superior

Acceso á aplicación para facer a solicitude: Acceso a ciclosadmision

Video de axuda para crear a solicitude web: Acceso a video

 

Oferta formativa 2021/2022

 

 

 

Toda a info en : www.edu.xunta.gal/fp

#FPGalicia

Logo MEFP NextGenerationEU

CUALIFICACIÓNS PROBAS LIBRES 2020/2021

No arquivo adxunto podes consultar as cualificacións de probas libres de CM Farmacia e parafarmacia e CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico.

(BA= Baixa do/a alumno/a na proba)

PROGRAMACIÓNS MÓDULOS PROBAS LIBRES

Programacións dos módulos do CS Anatomía Patolóxica e citodiagnóstico e do CM Farmacia e parafarmacia para as probas libres

DATAS PROBAS LIBRES 2020/2021

As probas libres de ciclos medios e superiores darán comezo o día 7 de xuño ás 10:00h coa XORNADA DE PRESENTACIÓN que é de obrigada asistencia.

A continuación comezarán os exames nas horas e datas que se detallan nas táboas e arquivos adxuntos:

 

 

Alumnado FPB Mantemento de vehículos

O alumnado da FPB de mantemento de vehículos durante unha clase de taller. Aprendizaxe, harmonía e bo facer. O futuro da mecánica do automóbil.

8M no ciclo de farmacia

O alumnado de 1º curso do CM de farmacia e parafarmacia fixo este vídeo para aportar o seu gran de area ás reivindicacións do 8M.