Ámbito: Comunicación e sociedade I Código: MP3011   Duración: 206horas.

Contidos básicos: Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá. Utilización de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá. Lectura de textos literarios en lingua castelá anteriores ao século XIX. Lectura de textos literarios en lingua galega anteriores ao século XX. Coñecemento da formación da lingua galega e da lingua castelá e das distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas. Comprensión e produción de textos orais básicos en lingua inglesa. Participación en conversas en lingua inglesa. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa. Valoración das sociedades prehistóricas e antigas e a súa relación co medio natural. Valoración da creación do espazo europeo na Idade Media e na Idade Moderna.