CMARG02. Preimpresión dixital

Módulo profesional: Tratamento de textos. Código: MP0866. Duración: 240 horas.

Contidos básicos: Identificación dos procesos gráficos. Avaliación de ficheiros dixitais de texto. Dixitalización de documentos de textos. Dixitalización de documentos de texto mediante o teclado. Corrección de probas de textos. Tratamento de documentos dixitais de textos. Creación de ficheiros de texto. Equipamentos e aplicacións informáticas implicadas no tratamento de textos.

Módulo profesional: Tratamento de imaxes en mapa de bits. Código: MP0867. Duración: 187 horas.

Contidos básicos: Identificación de orixinais de imaxe. Dixitalización de orixinais de imaxes. Tratamento da imaxe dixital. Realización de fotomontaxes. Axuste da calidade da imaxe dixital. Dixitalización de orixinais de imaxes. Realización de probas intermedias de cor.

Módulo profesional: Imposición e obtención dixital da forma impresora. Código: MP0868. Duración: 105 horas.

Contidos básicos: Determinación do formato da forma impresora e a imposición que se vaia realizar. Elaboración do trazado. Realización da imposición. Configuración do RIP controlador do CTP. Realización do mantemento e a limpeza do CTP e da procesadora. Obtención da forma impresora de offset. Obtención da forma impresora flexográfica. Obtención da forma impresora serigráfica.

Módulo profesional: Impresión dixital. Código: MP0869. Duración: 157 horas.

Contidos básicos: Execución de ficheiros informáticos. Normalización de ficheiros informáticos. Configuración do procesador de imaxe ráster (RIP). Preparación das materias primas e os consumibles. Preparación da máquina de impresión dixital. Realización da tiraxe na máquina de impresión dixital. Realización do mantemento preventivo da máquina.

Módulo profesional: Compaxinación. Código: MP0870. Duración: 228 horas.

Contidos básicos: Realización de páxinas maqueta. Creación de follas de estilo. Compaxinación de produtos gráficos editoriais. Realización de compaxinacións de produtos gráficos comerciais e publicitarios. Realización de axustes de composición. Realización de correccións de compaxinación.

Módulo profesional: Identificación de materiais en preimpresión. Código: MP0871. Duración: 133 horas.

Contidos básicos: Recoñecemento dos procesos de impresión e postimpresión. Distinción das emulsións das formas impresoras. Valoración dos soportes papeleiros. Identificación dos soportes plásticos e compostos. Valoración das tintas de impresión.

Módulo profesional: Ensamblaxe de publicacións electrónicas. Código: MP0872. Duración: 213 horas.

Contidos básicos: Preparación de ficheiros de imaxe, texto, vídeo e son. Realización de animacións. Realización da integración de elementos para publicacións multimedia. Publicación de páxinas, edicións electrónicas e multimedia. Realización de páxinas para a web. Realización da integración de elementos para publicacións multimedia. Publicación de páxinas, edicións electrónicas e multimedia. Realización de maquetaxe para libros electrónicos. Publicación de páxinas, edicións electrónicas e multimedia.

Módulo profesional: Ilustración vectorial. Código: MP0873. Duración: 87 horas.

Contidos básicos: Preparación dos orixinais recibidos. Realización da ilustración vectorial. Transformación de imaxes de mapa de bits en vectores. Integración e modificación de elementos dixitais. Modificación de textos.