Módulo profesional: Organización dos procesos de postimpresión, transformacións e acabamentos. Código: MP1541. Duración: 140 horas.

Contidos básicos: Asignación de equipamentos, materiais e recursos humanos. Organización dos procesos de postimpresión, transformacións e acabamentos. Xestión das continxencias técnicas e de persoal. Organización de grupos de traballo en postimpresión, transformacións e acabamentos. Elaboración do plan de mantemento. Aplicación de procedementos de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

Módulo profesional: Formación en centros de traballo. Código: MP1545. Duración: 384 horas.

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias do título de técnico superior en Deseño e Xestión da Produción Gráfica e os obxectivos xerais do ciclo, tanto os que se alcanzaran no centro educativo como os de difícil consecución nel.