Que se aprende a facer? Realizar operacións básicas de mantemento electromecánico e carrozaría de vehículos, desmontando e montando elementos mecánicos, eléctricos e amovibles do vehículo, e executando operacións básicas de preparación de superficies, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua es tranxeira.

Ámbito: Ciencias aplicadas I  Código: AM3009   Duración: 175 horas (5 sesións semanais).

Contidos básicos: Destrezas científicas básicas. Sentido numérico. Sentido da medida. Sentido espacial. Sentido alxébrico. Sentido estocástico. A materia e os seus cambios. A enerxía. O corpo humano e a saúde. Sentido socioafectivo.

Ámbito: Comunicación e sociedade I Código: MP3011   Duración: 206horas.

Contidos básicos: Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá. Utilización de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá. Lectura de textos literarios en lingua castelá anteriores ao século XIX. Lectura de textos literarios en lingua galega anteriores ao século XX. Coñecemento da formación da lingua galega e da lingua castelá e das distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas. Comprensión e produción de textos orais básicos en lingua inglesa. Participación en conversas en lingua inglesa. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa. Valoración das sociedades prehistóricas e antigas e a súa relación co medio natural. Valoración da creación do espazo europeo na Idade Media e na Idade Moderna. 

Ámbito: Comunicación e sociedade II Código: MP3012   Duración: 135 horas.

Contidos básicos: Utilización de estratexias de comunicación oral en lingua galega e en lingua castelá. Uso de estratexias de comunicación escrita en lingua galega e en lingua castelá. Interpretación de textos literarios en lingua castelá desde o século XIX. Interpretación de textos literarios en lingua galega desde comezos do século XX. Coñecemento e respecto pola diversidade lingüística, a historia social da lingua galega e da lingua castelá desde comezos do século XX e valoración do estándar e da necesidade de normalizar a lingua galega. Interpretación e comunicación de textos orais cotiáns en lingua inglesa. Interacción en conversas en lingua inglesa. Interpretación e elaboración de mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa. Valoración das sociedades contemporáneas. Valoración das sociedades democráticas.

Módulo profesional: Mecanizado e soldadura Código: MP3043   Duración: 175 horas.

Contidos básicos: Interpretación de planos e normalización. Preparación e axuste de equipamentos, utensilios e ferramentas. Execución de procesos de mecanizado. Soldadura. Normas de prevención e ambientais.

Módulo profesional: Amovibles Código: MP3044  Duración: 208 horas.

Contidos básicos: Desmontaxe de pezas exteriores e accesorios. Operacións de desmontaxe e montaxe de gornecementos e do conxunto de pechamento e de elevación de cristais. Reparación e substitución de cristais. Normas de prevención e ambientais.

Módulo profesional: Preparación de superficies Código: MP3045  Duración: 146 horas.

Contidos básicos: Preparación de superficies. Procedemento de enmascaramento. Aplicación de imprimacións e aparellos. Iniciativa emprendedora na preparación de superficies. Mantemento de equipamentos e ferramentas. Normas de prevención e ambientais.

Módulo profesional: Electricidade do vehículo Código: MP3046  Duración: 165 horas.

Contidos básicos: Medidas de magnitudes. Mantemento dos sistemas de carga e arranque. Mantemento básico dos sistemas auxiliares. Iniciativa emprendedora nas operacións de electricidade do vehículo. Normas de prevención e ambientais. 

Módulo profesional: Mecánica do vehículo Código: MP3047  Duración: 246 horas.

Contidos básicos: Mantemento básico do motor do vehículo. Mantemento básico da suspensión e rodas. Mantemento básico dos sistemas de transmisión e freos. Iniciativa emprendedora nas operacións de mecánica do vehículo. Normas de prevención e ambientais.