SUSPENSIÓN CLASES

INFORMACIÓN DA XUNTA

-Suspensión das actividades lectivas e extraescolares durante 14 días en todos os niveis educativos (tamén de 0-3). Non asistir será mañá recomendable e o luns obrigatorio.

Dende o luns 16 de marzo os centros educativos permanecerán pechados como medida preventiva frente ao coronavirus.

Mañá venres os nais e pais decidiredes se enviades aos vosos fillos e fillas ao centro ou non, aínda que a recomendación é que non asistan pero o centro permanecerá aberto para os que veñan.

A falta de mañá e xustificada, polo que o alumnado que teña exame mañá e non asista terá dereito a que se lle realice outro día.

Para intentar que esta medida afecte o menos posible ao desenvolvemento do curso, o alumnado de 1º e 2º posuen o proxecto EDIXGAL e o resto de cursos deberán utilizar a aula virtual do centro onde aparecerán as tarefas que teñen que realizar.

Calquera dúbida co usuario e contrasinal da aula virtual realizarase a través do correo do centro ies.monte.castelo@edu.xunta.es co asunto "AULA VIRTUAL"

Enlace a aula virtual

-Suspensión de prácticas do alumnado de titulacións de ciencias da saúde en centros sanitarios

Esta medida afecta as FCT´s do ciclo de Coidados auxiliares de enfermería (CAE)