"CONTAMOS TODAS"

O espectáculo do 21 de novembro combina as historias contadas, con música en directo, cun obradoiro participativo.

Centrado na desigualdade e na violencia de xénero, ábrese cos contos ‘As mulleres de Torneiros’ e ‘Liberia’, exemplos de vida,

de mulleres que se enfrontaron a diversas situacións.

Historias para pensar, exemplos de empoderamento, rebeldía, equidade e superación.

Empregando técnicas do Teatro da Oprimida, contarase coa opinión de todo o alumnado e representaranse as súas propostas.

 A Tropa de Trapo está formada por Marta Ortiz e Brais das Hortas, dous ensinantes de vocación que en 2006 xuntaron as súas inquedanzas

 pola narración oral neste proxecto, co que levan percorrido toda Galicia