FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR NA ESO PARA O CURSO 2020/21

Fondo solidario libros de texto/axudas material escolar. 2020/21

(Orde do 12 de maio de 2020).  DOG do 19/05/2020.

Destinatarios:

1º.- Fondo solidario de libros de texto: alumnado que se matricule en 3º ou 4º  da ESO o vindeiro curso 2020/21. Renda per cápita igual ou inferior a 6000 €: 6 libros. Renda per cápita de  6000 € a 10000 €: 4 libros. Rendas superiores a 10000 € terán dereito só si hai dispoñibilidade de libros no centro. Os alumnos de 1º e 2º de ESO terán libro electrónico.

2º.-Axudas para a adquisición de material escolar: alumnado que se matricule en calquera curso de ESO con renda per cápita igual ou inferior a 6000 €

 A renda per cápita calcúlase sumando os recadros 435   460   da declaración da renda do ano 2018 e o resultado dividilo entre o número de membros da unidade familiar.

Requisitos:

Devolver os libros de texto prestados polo centro para o curso 2019/20. A devolución debe facela o pai/nai/titor do alumno/a que firmou o préstamo dos libros de texto a principio do curso 2019/20

 

Lugar e prazo de presentación da solicitude: A través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou na secretaría do centro ata o 19 de xuño de 2020, en horario de 9:30 a 13:30 horas.

A solicitude será única para todos os fillos que estean matriculados na ESO no noso centro para o curso 2020/21. Poderá presentarse por dúas vías:

-          Por vía electrónica, a través da sede electrónica: Procedemento  ED330B  (premer aquí)

-          Presencialmente no centro: Para descargar o impreso (Anexos I e II) premer no seguinte enlace da aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) .

 Tamén se poden  recoller os impresos na Conserxería do centro.

Documentos que  deben acompañar coa  solicitude:

CANDO AUTORICE TODAS AS CONSULTAS TELEMÁTICAS:

  •   Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a data 31/12/2018. Si non coincidira deberán presentar:

                   - Sentenza xudicial de separación/divorcio ou convenio regulador.
                   - Certificado de convivencia (na que consten todos os membros da unidade familiar a 31-12-2018)
                   - Informe dos servizos sociais
                  - Certificado de falecemento

CANDO NON AUTORICE NINGUNHA CONSULTA TELEMÁTICA:

  •     Identidade: copia do DNI ou NIE de todos os membros computables da unidade familiar
  •     Grao de discapacidade emitido polo órgano competente da condición de perceptor de pensión da Seguridade Social
  •     Renda Familiar: copia da declaración ou certificado tributario  do ano 2018
  •     Violencia de Xénero: Calquera das formas prevista no artigo 5 da lei 11/2007 de 27 de xullo
  •     Incapacidade Xudicial (A correspondente resolución)
  •     Tutela outorgada da Xunta de Galicia (Resolución xustificativa ou carta do centro de menores).