VIAXE CULTURAL A LUGO-OUTEIRO DE REI

O xoves día 2 de xuño a Bibliotecaria e o Equipo de D. Lingúística levamos os  nenos de 1º de ESO e as integrantes do Club de Lectura a unha viaxe cultural a Lugo.
Pola mañá aproveitamos para visitar o Museo Provincial onde unha guía explicou a nosa historia desde a etapa castrexa  ( a través da ourivesaría), pasando pola romanización ( cos magníficos mosaicos conservados dunha VILA ROMANA  e os MILIARIOS), os restos do Románico e do Gótico no claustro e na estrutura do propio museo, o Renacemento, O Barrroco e a Ilustración a través de cadros, esculturas, reloxios de sol e obxectos domésticos. Unha lección de Historia en toda regra!! Completamos a visita cun paseo pola muralla romana.

Pola tarde chegamos a Outeiro de Rei para visitar a Casa Museo de Manuel María. Alí puidemos ver o que foi a súa vida e obra moi ben explicada por Fran, o guía do Museo. A parte máis emotiva resultou ser a biblioteca do autor e escoitar a súa voz no recitado de distintos poemas  Alén diso, como non podiamos pasar todos xuntos, a actuación dun mago fixo as delicias dos que agardaban mentres o resto do grupo ía dentro.