DÍA DA CIENCIA EN GALEGO 2015

O mércores día 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego cos osos alumnos de 1 e 2 de BAC. O profesor Xurxo Mariño conectou por videoconferencia cunha chea de centros para expoñerlles aos rapaces o complexo funcionamento do cerebro humano, a nosa capacidade de percepión do mundo exterior, a construción da linguaxe, os millóns de células implicadas no noso descubrimento do mundo e de nós mesmos. Rematou respondendo as preguntas que os rapaces fixeron desde diferentes centros.