Movilidad de estudiantes y persoal de Formación Profesional (KA102) 2015

Proxecto KA102 de "Movilidad de estudiantes y personal de Formación Profesional" 2015

 

Xuño 2015- O IES Monte Castelo participa nun proxecto europeo dentro do Programa Erasmus + na convocatoria 2015. Dentro da acción clave 1 de "Movilidad de estudiantes y personal de Formación Profesional" (KA102). O número do proxecto é: 2015-1-ES01-KA102-015186.

Neste proxecto 10 alumnos de Ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría realizarán unha estancia de formación en empresas dun país estranxeiro (Italia)

 O alumnado realizará as prácticas formativas en Potenza (Italia) durante o mes de novembro en diferentes empresas coa colaboración do socio italiano IREFORR.

 Os participantes no proxecto están asisitindo a clases de italiano durante o mes de outubro para ter unhos coñecementos básicos do idioma italiano que faciliten o seu traballo e integración no país.

 

 Martes 20 de outubro- Os participantes realizaron unha videoconferencia por skype con Manuela D'Andrea, titora da empresa italiana IREFORR, para concretar os detalles da estancia antes da súa viaxe a Potenza.

   

  As participantes no proxecto colleron o avión rumbo a Italia para comezar a estancia dun mes en Potenza. Boa viaxe!!

 Durante a súa estancia en Potenza os/as participantes visitaron o Hospital San Carlo xunto coa súa tutora italiana Manuela D´Andrea.

11 de decembro.- Os/as participantes asisitiron a unha reunión no centro á volta da súa estancia en Italia.