25 de novembro

 O IES Monte Carrasco ven de sumarse á Campaña Cangas en Negro  (por acordo do Consello Escolar do 10 de novembro), para rexeitar as violencias machistas que provocaron o asasinato de 44 mulleres, 7 menores  e 23 menores orfos no que vai do ano 2017.

Como centro educativo queremos manifestar a nosa dor por estas mortes e visibilizar  e concienciar do rexeitamento ante calquera tipo de violencia machista. Por iso, convidamos a toda comunidade educativa a vir vestidos de negro, o venres 24 de novembro.

Todos e todas en negro, contra a violencia machista.

Powered by Drupal - Design by artinet