Skip to Content

Blogues

-

Encontros coas familias

Voyage à Paris-Année Scolaire-2004-2005

Este ano o departamento de francés vai organizar unha viaxe cultural a París onde os/as alumnos/as de 4º ESO se van pór en contacto cun país da Comunidade Económica Europea cousa que lles vai permitir coñecer unha cultura , unha fala e costumes diferentes e, sobre todo, para os rapaces/rapazas que estudian francés perfeccionar o seu nivel lingüístico, captar e contrastar o que é diferente ou semellante entre a cultura estranxeira e a súa propia .

Temos programado visitar dous parques . O “Parc de Futuroscope” en Poitiers , parque europeo da imaxe, e “Eurodisney” en París.
 
En París xa, iremos ó Museo do Louvre onde veremos a sección de antigüidades orientais (arte asiria); a arte exipcia: a cripta de Osiris, o escriba sentado; arte greco-romana: a Venus de Milo, a victoria de Samotracia; as xoias da coroación de Napoleón; en pintura veremos as salas adicadas a Rembrant, Wateau, Leonardo da Vinci (a Mona Lisa-Ioconda), Rubens, Vermeer e Miguel Anxo, entre outros.
 
No Museo Rodin contemplaremos as obras máis famosas do escultor. Rodin viviu nesta casa, mellor dito palacete, que ten uns xardíns preciosos sementados de distintas esculturas: as portas do inferno, o bico, os burgueses de Calais, o pensador, Balzac, o busto de Mahler etc...
 
Faremos unha paradiña no Centre Pompidou (Beaubourg), Museo de Arte Moderna, que se atopa no 4º andar veremos pintura, debuxos e esculturas de 1905 ata hoxe en día. Obras de Matisse, Vlaminck, Braque, Picasso, Dali, Kandinsky, Delaunay, Klee, Mondrian, Magritte, Miró, Tanguy, Chagall etc.
Pero tamén ten unha biblioteca pública onde podemos atopar todo tipo de libros , CDS, periódicos, cómics e conexións a internet ata libros en galego .
Un centro de creación industrial con exposicións, documentación , debates sobre a arquitectura moderna, o diseño industrial, urbanismo e medio ambiente.
O “Ircam” adicado a música do futuro utilizando as novas tecnoloxías do século XXI, ten 4 librerías, unha sala de cine que proxecta ciclos adicados a produccións estranxeiras ou grandes directores. Diante do museo temos unha praza donde nos atopamos con poetas, cantantes de rúa, malabaristas, tambores etc....
 
Iremos tamén a parques, descubrindo a importancia do xardín francés , veremos os xardíns de Versalles diseñados por Le Nôtre,; O xardín des Tuileries (tuile=tella) recibe ese nome porque coa terra arxilosa se facían tellas, é unha mostra perfecta do que é o “parterre” francés, no século XIX foi moi relevante, ata se alugaban cadeiras para as señoras que se cansaban ó pasear. Visitaremos “Le jardín des plantes” nomeado Museo Nacional de Historia Natural; fíxose no século XVII para os estudiantes de medicina e de farmacia da época, para aprender herboristería, e é o museo máis antigo de historia natural do mundo.
 
Os Xardíns do Luxemburgo por donde pasearon Baudelaire, Verlaine Rilke é un dos parques máis fermosos de Paris, di a lenda que había unha casona maldita e que os espíritus aterrorizaban os arredores. Alí atoparemos dende colmeas de abellas, ata o famoso recuncho dos namorados á beira da estatua de Edmond Rostand, o autor de Cyrano de Bergerac; a auténtica estatua da Liberdade; hai guiñol para os rapaces, hai un tiovivo feito por Garnier, bambans, ponis, e no gran estanque poderemos alugar uns veleiros pequeniños.
 
Veremos o París medieval , a Île de la Cité donde se atopa a Catedral de Notre-Dame que data do século XIV aínda que empezaron a construíla no século XII ; a torre de Santiago donde se reunían os pelegríns para iniciar a súa viaxe a Santiago de Compostela; O barrio latino, chamado así porque na idade media era dos poucos sitios donde falaban latín os estudiantes, xa que o ensino se facía nesa lingua; o boulevard Saint-Michel, la Sorbonne, donde se impartían as clases ó aire libre, o Panteón donde están soterrados Voltaire, Rousseau, Hugo; o barrio Saint-Germain por donde paseaban e se reunían nos cafés Le Flore ou Deux Magots ,Sartre, Camus, Simone de Beauvoir e polas noites escoitaban jazz nas famosas “caves”ou a Juliette Greco, Boris Vian, Léo Ferré.
 
Visitaremos unha das prazas máis bonitas de Paris, La Place des Vosges, antigamente chamada a Praza Real (1612) donde se organizaban festas e torneos. Nela viviu Richelieu, e no XIX Victor Hugo. Pasaremos por “La Place de la Bastille”, “Opéra”, “La Madeleine”.
 
Iremos á “Place Vendôme” donde se concentra hoxe en día toda a “jet society”, boutiques de luxo, peleteiros, xoieiros, casas de alta costura.
Por suposto que non nos esqueceremos de ir ver a emblema de Paris a Tour Eiffel, Trocadéro, o Arc de Triomphe, os Champs Elysées.
 
Sen esquecer a zona de Montmartre, le Sacré Coeur, la place du Tertre. Este barrio sempre foi como unha vila, está na zona norte de Paris e dende alí temos unha vista espléndida da cidade, a finais do XIX era o barrio máis barato polo que vivían poetas, pintores e escultores como Renoir, Matisse, Braque, Picasso pintóu alí “les demoiselles d´Avignon”; é a época do Moulin Rouge, de Toulouse-Lautrec, de la Goulue ou de Jane Avril; despois da 2º Guerra Mundial os artistas emigraron a zona de Montparnasse.
O único que podemos dicir despois de todo isto é : ¡BON VOYAGE!
E espero que para os rapaces/rapazas haxa un antes e un despois da viaxe a París.
 
Iremos dúas profesoras acompañantes Sonia Fernández Nieves e Luz Jares Fernández.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut