Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

1º ESO: Actividades Bioloxía 17/03/2020

Bo día a tod@s! 

Tedes nun documento adxunto as actividades do día de hoxe. Hai de prazo para entregalas por correo electrónico (ver normas nunha mensaxe anterior sobre a entrega en 1ºESO) ata as 14h do día 18/03/2020.

As actividades de hoxe están relacionadas coa lectura sobre os liques que vos subín o pasado venres na primeira mensaxe deste blogue.

Calquera dúbida escribídema ao correo electrónico.

Coidádevos moito, ánimo e a traballar!

Un saúdo! Sorriso

Sonia 

NOTA

 A dirección de contacto é: biolobac@gmail.com

-A entrega das actividades , e as dúbidas  será a través de dita dirección de contacto, indicando , nome do alumno e curso.

- As actividades deben entregarse dentro dun plazo co fin de facer un seguimento das mesmas

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Os alumnos 1º bachillerato A,B, deberán realizar Actividades 16 /3/2020.


1.-Realizar glosario temas circulatorio, excretor, sistema nervioso.


2.-Aquí déixovos un enlace para facer exercicios on-line do sistema nervioso.(repaso)



http://www.aula2005.com/html/cn3eso/11relaciosn/questionari112es.htm

http://www.aula2005.com/html/cn3eso/11relaciosn/relaciosn112es.htm


http://www.aula2005.com/html/cn3eso/11relaciosn/relaciosn113es.htm


http://www.aula2005.com/html/cn3eso/11relaciosn/encreuat11es.htm

As actividades, e as dúbidas, serán  enviadas o correo que próximamente, facilitarei.

Instrucións para o seguemento das clases durante a corentena por COVID - 19

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA (3º ESO e 4º ESO)

Todos os alumnos/as están en contacto coa profesora a través de Google Classroom, plataforma empregada de xeito habitual para intercambio de material da materia (presentacións de clase, vídeos...)

Tras comprobar na clase presencial do pasado xoves que todos os alumnos/as estaban inscritos no grupo, a profesora desenvolverá nesta plataforma as actividades e tarefas para estes días (xa hai instrucións específicas subidas ao Google Classroom). As sesións de aulas virtuais e asignacións de tarefas programaranse do seguinte xeito:

  • 3º ESO: sesións os martes e xoves ás 10:00
  • 4º ESO: sesións os luns, mércores e venres ás 10:00

ÁMBITO CIENTÍFICO E MATEMÁTICO (3º ESO)

Os alumnos/as que aínda non están no grupo de Google Classroom desta materia, deberán enviar á profesora un correo electrónico solicitando ser incluidos no mesmo (teñen ata mañá 17/03/2020 ás 14:00).

No caso que houbese algún alumno/a que non contactase coa profesora, ésta intentará contactar coa familia para poder incluilo no grupo; en último caso, remitiráselle o traballo a facer durante a próxima quincena ao correo electrónico da familia que consta na base de datos da Consellería de Educación.

A TODOS OS ALUMNOS/AS E FAMILIAS, para contactar coa profesora poderán escribir a:

paula.bioloxia.xeoloxia@gmail.com

Actividades Anatomía Aplicada 1º BAC

MOI IMPORTANTE: seguiremos as instrucións seguintes:

  • A dirección de correo electrónico de contacto é: anatoaplicada1bac@gmail.com
  • A través desa dirección podedes consultarme as dúbidas que teñades.
  • As actividades deben entregarse dentro do prazo indicado co fin de facer un seguimento das mesmas.
  • A entrega realizarase a través do correo electrónico de contacto, indicando o nome do alumno/a.
  • O documento coas actividades terá formato PDF (preferiblemente).
  • Unha vez recibidas as actividades, serán correxidas e devoltas por correo electrónico á mesma dirección desde a que se envían.

O martes 17/03/2020 ás 14h é a data límite de entrega das actividades correspondentes ao tema 7 que tiñamos pendentes de correxir (as que están correxidas xa non as enviedes). Como algún/a de vós xa as teredes feitas, adxuntade unha imaxe no correo electrónico na que se lean perfectamente as respostas. Se preferides, ou non as tedes feitas aínda, enviádeas escritas a ordenador en formato PDF. Recórdovos que as actividades son as seguintes:

  • Páxina 137: exercicio 1
  • Páxina 139: exercicio 1
  • Páxina 146: exercicio 5
  • Páxina 147: exercicios 7 e 8
  • Todas as definicións da páxina 147

Ide repasando o tema 5 para comezar a actividade de análise de etiquetas que temos pendente porque o martes deixareivos as instrucións para empezar a facela.

 Un saúdo! Sorriso

Actividades Bioloxía 1º ESO

Boa tarde,

A continuación explícovos como imos organizar as actividades da semana próxima.

MOI IMPORTANTE: seguiremos as instrucións seguintes:

  • A dirección de correo electrónico de contacto é: bioxeoloxia1eso@gmail.com
  • A través desa dirección podedes consultarme as dúbidas que teñades. Por isto é importante que cando leades este primeiro aviso, enviedes un correo electrónico no que confirmedes que líchedes estas pautas para que eu saiba que estades ao corrente de como nos imos comunicar durante estes días. Tedes ata o luns ás 18h para mandarme dita confirmación.
  • as actividades deben entregarse dentro do prazo indicado co fin de facer un seguimento das mesmas.
  • a entrega realizarase a través do correo electrónico de contacto, indicando o nome do alumno/a.
  • O documento coas actividades terá formato PDF (preferiblemente).
  • Unha vez recibidas as actividades, serán correxidas e devoltas por correo electrónico á mesma dirección desde a que se envían.

As actividades programadas para este luns 16/03, que poden entregarse ata o Martes 17/03/2020 ás 14.00h, son as que xa quedaran fixadas o último día de clase. Recórdovos que son as seguintes:

  • Fotocopia de exercicios:
    • Páxina 156: actividades 28, 30, 31 (só apartado B e C).
    • Páxina 157: actividades 33, 35 e 36 (lembrade que esta a tedes que facer como explicamos na aula).

Déixovos tamén un arquivo cunha pequena lectura sobre os liques, que tedes que ler porque as próximas actividades estarán relacionadas con ese texto.

Un saúdo!Sorriso

Actividades na casa

Al longo da tarde de hoxe (13/03/2020) colgarei nesta páxina a planificación das actividades de cada curso e materia coas correspondentes instrucións para realizalas e entregalas da forma correspondente.

Facilitarei tamén unha dirección de correo electrónico onde consultar dúbidas e facer as entregas. 

Un saúdo.

Sonia Bermúdez Couceiro

Entrevista na Domus a Xabier Fonseca

20/02/2020 11:15
20/02/2020 12:45

Alumnado de Bioloxía de 1º Bac.

Visita á DOMUS

13/02/2020 10:30
13/02/2020 12:45

alumnado de 3º de ESO A e B

Distribuir contido


by Dr. Radut