Skip to Content

HISTÓRICO, CURSO 2016-17, CURSO 2015-16, CURSO 2014-15, CURSO 2013-14, CURSO 2012-13, CURSO 2011-12, CURSO 2017-18

Visita á planta de tratamento de residuos domésticos no concello de Nostián

O modelo de xestión de residuos domésticos implantado polo concello da Coruña e o Consorcio das Mariñas, do que forman parte o concello da Coruña e 8 concellos da área metropolitana da Coruña (Abegondo, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Bergondo e Oleiros), ten como destino dos residuos domésticos xerados a Planta de tratamento de residuos da Coruña situada no concello de Nostián (A Coruña). Os nosos alumnos de 1º de ESO fixeron hai uns días unha visita ás devanditas instalacións.

Día escolar da non violencia e da paz

O día 30, celebrouse o Día escolar da non violencia e da paz, cunha charla na que participaron membros das ONG Amnistía Internacional e a Cruz Vermella, e a presidenta da Asociación Antonio Noche.

Charla da escritora Ana Alcolea

A escritora Ana Alcolea, premio Cervantes Chico 2016, deu unha charla ao alumnado de 4º de ESO e do Club de Lectura.

Visita a Inditex

Ou alumnado de economía da empresa de segundo de bacharelato, visitou a sede corporativa do grupo Inditex, as sedes de Zara e Zara Home, varias fábricas téxtiles propiedade do Grupo e unha das súas plataformas loxísticas na localidade de Arteixo.

13º Concurso de fotografía Xurxo Lobato 2017

INFORMACIÓN DO CONCURSO NO SEGUINTE ENLACE

(Bases)

Visita Banco de España

Os alumnos de economía de primeiro de bacharelato foron visitar a sucursal do Banco de España en A Coruña. A actividade permitiu coñecer o funcionamento dun Banco Central, a historia do Banco de España e as funcións que realiza na nosa contorna.

Visita ao SAI (Servizos de Apoio á Investigación)

Os alumnos de bioloxía de 2º de bacharelato foron visitar ás instalacións do SAI na Universidade da Coruña.

Os Servizos de Apoio á Investigación da Universidade da Coruña están compostos por un conxunto de servizos especializados capaces de prestar apoio á investigación científica, técnica e humanística, e cunha dotación instrumental, técnica e de recursos humanos que, ben polas súas características propias ou polo ámbito da súa aplicación, superan as necesidades dun Centro, Departamento ou Instituto Universitario. A función que deben cumprir é a de organizar racionalmente a utilización destes recursos destinados a tarefas de investigación.

Torneo de fútbol sala do primeiro ciclo da ESO

Entrega de premios aos gañadores do torneo de fútbol sala do primeiro ciclo da ESO:

"El prá fútbol club" de 1ºB.

Noraboa!

Visita alumnado de Arte (2º bacharelato)

O alumnado de Historia da Arte de segundo de bacharelato foi visitar ás exposicións de "Sorolla íntimo" no Museo de Belas Artes e "Sorolla tierra adentro" na Fundación Barrié.

Visita á exposición "George Méliès y el cine de 1900"

O alumnado de 2º de ESO (PMAR) visitou a exposición "George Méliès y el cine de 1900"

A exposición propón unha viaxe no tempo, xustamente aos anos en que o cinema se converteu nun espectáculo popular.

Os nosos alumnos trasladáronse a unha feira do ano 1900, coas súas barracas e o seu ambiente de festa. Foi nesa contorna onde o cinema tomou forma como espectáculo: con diversión e moitas emocións. E, en gran medida, iso foi grazas a un home, Georges Méliès, que soubo entender que quería a xente e como facela soñar e distraerse. As súas películas marcaron o camiño que seguiron os primeiros cineastas en Europa e Estados Unidos.Os diferentes espazos e recursos expositivos descubrirannos como era o mundo e o lecer en 1900, así como as claves para entender a importancia de Georges Méliès.

Distribuir contido


by Dr. Radut