Skip to Content

Actividades Bioloxía 1º ESO

Boa tarde,

A continuación explícovos como imos organizar as actividades da semana próxima.

MOI IMPORTANTE: seguiremos as instrucións seguintes:

  • A dirección de correo electrónico de contacto é: bioxeoloxia1eso@gmail.com
  • A través desa dirección podedes consultarme as dúbidas que teñades. Por isto é importante que cando leades este primeiro aviso, enviedes un correo electrónico no que confirmedes que líchedes estas pautas para que eu saiba que estades ao corrente de como nos imos comunicar durante estes días. Tedes ata o luns ás 18h para mandarme dita confirmación.
  • as actividades deben entregarse dentro do prazo indicado co fin de facer un seguimento das mesmas.
  • a entrega realizarase a través do correo electrónico de contacto, indicando o nome do alumno/a.
  • O documento coas actividades terá formato PDF (preferiblemente).
  • Unha vez recibidas as actividades, serán correxidas e devoltas por correo electrónico á mesma dirección desde a que se envían.

As actividades programadas para este luns 16/03, que poden entregarse ata o Martes 17/03/2020 ás 14.00h, son as que xa quedaran fixadas o último día de clase. Recórdovos que son as seguintes:

  • Fotocopia de exercicios:
    • Páxina 156: actividades 28, 30, 31 (só apartado B e C).
    • Páxina 157: actividades 33, 35 e 36 (lembrade que esta a tedes que facer como explicamos na aula).

Déixovos tamén un arquivo cunha pequena lectura sobre os liques, que tedes que ler porque as próximas actividades estarán relacionadas con ese texto.

Un saúdo!Sorriso

AdxuntoTamaño
lectura_liques.pdf447.4 KB


blog | by Dr. Radut