Skip to Content

 

blogue derebeca

TAREFA RECUPERACIÓN 2ª AVALIACIÓN FILOSOFÍA 1º BAC

Bo día,

onte foron entregadas/enviadas as tarefas de recuperación da 2ªavaliación de Filosofía, do curso de 1ro de Bacharelato, tal e como se foi indicando nos sucesivos avisos a través do correo. Tal e como se dixo, tendes 72 horas dende o martes 9 ás 12 da mañá, é dicir, ata o venres 12 ás 12.

1ROS BAC: EXERCICIOS REPASO FIN DE CURSO, DOCUMENTAL E DEBATE (CON ARTIGO SOBRE AGAMBEN)

Bo día,

para estas últimas semanas de período lectivo, a medida que rematamos de dar/repasar/ampliar o tema de Marx, Nietzsche e Freud, e aproveitades para enviar os esquemas das leccións anteriores das que, moit@s de vós, aínda non mandastes, e desta mesma, imos completar a tarefa cun exercicio de comentario e de repaso que adxunto no correo.

                         1. Comenta a seguinte frase de Ortega y Gasset:

                          As ideas téñense, nas crenzas estase.

                           2. Intenta facer un exercicio de repaso mental:

                           a. Que aprendiche este curso académico nas clases de Filosofía (correntes, campos de coñecemento, autores,                                       conceptos, etc)?

                           b. Que che gustou máis, que che pareceu intelectualmente máis interesante? Por que?

                           c. Que che resultou máis difícil? Por que?

                           d. Para que cres que che serviu esta materia e para que cres que che servirá, intelectual e vitalmente?

A maiores, a partir do que falamos ou estamos falando neste tema, propoño de xeito voluntario, como algúns me pedistes, un documental que pode axudar a entender estas correntes (ao longo do séxulo XX):
El siglo del yo: https://vimeo.com/17879192
E, por último, como algunhas persoas querían facer un debate, antes de fin de curso e como clase de despedida, propoño que busquedes un tema por clase e determinedes un día para facelo (un representante de cada clase que me escriba coa proposta). Segundo o falado en B, adxunto tamén un artigo sobre Agamben e a educación online: 


https://infraphilosophy.home.blog/2020/05/24/agamben-y-la-miseria-academica/  

TAREFA DE RECUPERACIÓN 2 TRIMESTRE 1RO BAC FILOSOFÍA

Bo día,

como comentei a través do correo electrónico nun par de ocasións, recordo que se enviará a tarefa de recuperación da segunda avaliación.
O día será o 9 de xuño ás 12 da mañá e disporase de 72 horas para entregala.
Solicito, por favor, acuse de recibo.
Grazas.

VALORES ÉTICOS 2º ESO A e 2º ESO B TAREFAS DE REFORZO

Boa tarde,
envío unhas actividades de reforzo: preguntas con exemplos prácticos sobre o estudado estas semanas e, en xeral, durante todo o curso.

1.      1.  Busca tres exemplos de relativismo moral e outros tres de obxectivismo moral.

 

2.     2.  Intenta definir coas túas palabras as diferenzas entre a ética de Sócrates e a ética de Aristóteles.

 

3.     3.   Explica a diferenza entre moral e ética, así como os vínculos con determinados momentos históricos e formas políticas.

4.     

4.        4. Comenta esta noticia sobre o libro de Peter Singer, Liberación animal¸ tendo en conta os conceptos reflexionados como: dimensión ou alma racional, dimensión emocional ou alma sensitiva, etc. Reflexiona primeiro e opina despois.

 

https://www.eldiario.es/caballodenietzsche/Liberacion-Animal-Peter-Singer-controversia_6_380122005.html

NOVO (E ÚLTIMO) MATERIAL E RECUPERACIÓN PRESENCIAL DO 2º TRIMESTRE

Bo día,

enviei por correo o xa último material que imos abordar, que corresponde coas páxinas 179 e 181-185 do libro: Os mestres da sospeita, Marx, Nietzsche e Freud.

Por outra banda, lembro unha vez máis que o centro está organizando as datas de posibles exames (de recuperación) presenciais. Foi enviado un correo persoal a cada un/han dos que non acadan a nota acordada -facendo media entre a primeira e a segunda avaliación e sumando o correspondente da terceira-, co fin de que vaian preparando a materia (do segundo trimestre) para a segunda semana de Xuño (concretarase a data).

LECCIÓN ANTROPOXÉNESE

Boa tarde,

como sabedes, esta semana imos estar falando da lección de Técnica e tecnoloxía. Para a semana próxima empezaremos co tema de Antropoxénese (do que adxunto por correo as fotos do manual, para aquelas persoas que non o teñen na casa, e tamén un pdf). Ídelo lendo, a maiores de facer a actividade que se proporá nas sesións desta semana: vincular o vídeo de seis minutos no que Deleuze explica as sociedades disciplinarias de Foucault, e as de control, proposto a semana pasada, coas nocións de tecnoloxía e tecnociencia nas que profundizaremos ao longo destes días.

Lección Técnica e tecnoloxía

Bo día,
como algunhas persoas non dispoñen do manual na casa, enviei por correo as fotos das páxinas 132, 133 e 134, da lección de Técnica e tecnoloxía. Está moi relacionado cos aspectos que estamos traballando.
As sesións online desta semana aínda, en función do ritmo da aula, seguirán versando sobre dúbidas (a respecto da teoría e das tarefas destas semanas pasadas). Porén, ides facendo esquemas das páxinas sinaladas (e enviándoos a medida que os fagades, ao longo dos próximos días), nas que profundizaremos para a seguinte (27/04-03/05).

Saúdo

1ros BAC CLASES ONLINE

Como imos sinalando a través do correo e nas propias sesións, seguimos coas aulas online durante a terceira semana de Abril. Aproveitamos para repasar o traballado durante este mes e seguir profundizando nas dúbidas que vos xurden en torno á materia dada.

CIENCIAS POLÍTICAS 2º BAC EXPOSICIÓNS TRABALLOS ONLINE

Despois das vacacións empezamos coas exposicións dos traballos de trimestre.

Organizaremos os turnos por correo.

Para a sesión online, na que tendes que estar tod@s presentes, entrades neste link

https://eduxunta.webex.com/meet/rbaceiredo

VALORES ÉTICOS 2º ESO A e 2º ESO B

Durante as primeiras semanas de Abril imos seguir repasando as nocións que estabamos traballando: a diferenza entre ética e moral e distintos tipos de posturas fronte a estes campos.

Adxunto un pdf con teoría, que podedes apoiar coa do manual: facedes as preguntas que veñen ao final, a poder ser para 30 de abril (tres sesións).

Despois de ter feito estre traballo, comezaremos co tema da democracia, no que, como fomos sinalando, a ética e a política, sobre todo o modo de velas na Modernidade, pero tamén en Grecia, apuntan cara o modelo democrático.

Adxunto, por adiantado, tamén a teoría. Máis adiante pedirei que fagades os exercicios que aparecen.

Distribuir contido


by Dr. Radut