CARREIRA SOLIDARIA --- "IN REAL TIME" RUN WITH ETHIOPIA.

 


O vindeiro domingo, 30 de marzo, a ONG Abay (cooperación con Etiopía), o Clube Olympo de Atletismo e o Concello das Pontes, organizan In Real Time,run with Ethiopia.

Hai dúas modalidades de participación: carreira de 10 kilómetros e andaina de 5 kilómetros. Para ámbalas dúas é preciso inscribirse antes; a inscripción ten un prezo de 3 EURO por persoa (neno ou adulto)
que serán doados íntegramente a Abay, para a financiación do proxecto de escola deportiva en Walmara.

Para inscribirse, pode facerse nas oficinas do pavillón polideportivo,
en horario de 8 a 15 horas ou no seguinte enlace:
http://www.abayetiopia.org/inscripcionaspontes2014

A carreira e a andaina saen ás 10.00 h e os inscritos deberán estar mínimo 20 mnutos antes na carpa instalada no CPI Santa María, para recoller o corespondente dorsal.
Ademáis, en dita carpa, haberá xogos deportivos e obradoiros de cultura etíope para os pequenos; estas actividades teñen carácter gratuíto.

Por último, a ONG Abay, terá un posto de venda de artesanía etíope e realizarase a venda de rifas para participar no sorteo dos agasallos doados polo comercio local.