Oferta educativa
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (E.S.O.)
No IES Moncho Valcarce pódese estudar a etapa da Educación Secundaria Obrigatoria, que comprende catro cursos (1º a 4º). Ademáis da oferta ordinaria xeral, contamos coas seguintes medidas de atención á diversidade:
- Apoio educativo impartido por PT.
- Adaptacións curriculares individualizadas.
- Reforzo educativo en materias instrumentais.
- Grupos reducidos: desdobres.
- Atención educativa de ATE (Axudante Técnico Educativo)
Ademáis de diversos proxectos, en colaboración co Concello e outras institucións, o centro está inmerso nos seguintes proxectos de innovación:
-Proxecto Abalar.
A estratexia do proxecto ABALAR desenvolvido pola Consellería de Educación en centros piloto como o IES Moncho Valcarce xira arredor do concepto de centro educativo dixital. O centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e persegue dispor de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía buscando a integración plena das TIC na práctica educativa e o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes.
O centro conta actualmente con seis Aulas ABALAR equipadas con pizarra e proxector dixital e cun ordenador ultraportátil para cada alumno.
No centro pódense cursar as seguintes modalidades e materias do BACHARELATO:
CURSO |
TIPOS DE MATERIAS |
MODALIDADES DE BACHARELATO |
|
CIENCIAS E TECNOLOXÍA |
HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS |
||
1º |
COMÚNS |
Ciencias para o mundo contemporáneo, Educación física, Filosofía e cidadanía, Lingua galega e literatura I, Lingua castelá e literatura I. Lingua estranxeira I e Relixión / Atención educativa. |
|
PROPIAS DE MODALIDADE (Cursará tres: a obrigatoria e dúas máis) |
Matemáticas I (Obrigatoria) Bioloxía e xeoloxía Debuxo técnico I Física e química Tecnoloxía industrial I |
Historia do mundo contemporáneo (Obrigatoria) Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais I Economía. Grego I Latín I
|
|
MATERIAS OPTATIVAS (Cursará unha) |
Antropoloxía Música Francés I Tecnoloxías da información e comunicación Debuxo artístico I Literaturas Hispánicas
*Ademáis, o alumno ten dereito a escoller como optativa calquera materia das ofertadas como propias de modalidade para 1º de bacharelato. |
* Advírtese que é posible que non se poidan impartir materias propias de modalidade ou optativas que non reunan o número mínimo de alumnos esixido pola lei
* NOTA IMPORTANTE: Para poder ser avaliado en 2º de Bacharelato dunha materia con denominación “II” sen ter cursado en 1º de Bacharelato a correspondente de denominación “I”, será preciso acreditar os coñecementos previos necesarios. O mesmo aplicaráse para poder ser avaliado das materias de Física, Química e Electrotecnia de 2º de Bacharelato, sen ter cursado Física e Química de 1º , e de Ciencias da Terra e do Medioambiente e Bioloxía de 2º de Bacharelato sen ter cursado Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato. Para máis información ao respecto consultar no centro.
CURSO |
TIPOS DE MATERIAS |
MODALIDADES DE BACHARELATO |
|
CIENCIAS E TECNOLOXÍA |
HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS |
||
2º |
COMÚNS |
Historia de España, Historia da filosofía, Lingua galega e literatura II, Lingua castelá e literatura II, Lingua estranxeira II e Relixión / Atención educativa. |
|
PROPIAS DE MODALIDADE (Cursará tres: a obrigatoria e dúas máis) |
Matemáticas II (Obrigatoria) Bioloxía Ciencias da Terra e ambientais Debuxo técnico II Electrotecnia Física Química Tecnoloxía industrial II |
Xeografía (Obrigatoria) Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II Economía de empresa Grego II Latín II Literatura universal Historia da arte
|
|
MATERIAS OPTATIVAS (Cursará unha) |
Francés II Debuxo artístico II Métodos estadísticos e numéricos Ética e filosofía do dereito Filosofía da ciencia e tecnoloxía Xeoloxía Xeografía e Historia de Galicia Literatura galega do século XX e da actualidade.
*Ademáis, o alumno ten dereito a escoller como optativa calquera materia das ofertadas como propias de modalidade para 2º de bacharelato. |