VISITA VIRTUAL Á CIDADE DA CULTURA

Os grupos de 3º ESO A e B realizaron unha visita virtual á exposición que actualmente está na sala Agás, da Cidade da Cultura, de Santiago de Compostela. A colección de arte titulada “Os brancos segredos do seu ventre”, en alusión ao título dunha instalación artística que está incluída, é unha confrontación entre obras de arte contemporáneas de artistas do ámbito internacional e do galego. A presentación da mostra, por outra banda, é unha narración gráfica na que, a través da expresividade de distintas cores, relaciona obras antigas con contemporáneas e unhas disciplinas artísticas con outras.