Skip to Content

AS BARREIRAS DO CARBALLO

O luns 2 de marzo, o alumnado de 1 BACH asistiu a unha actividade na Biblioteca Rialeda organizada polo Concello de Oleiros e o Equpio de Dinamización Lingüística do IES Miraflores.

Co suxerente título As barreiras do carballo, o escritor, actor,profesor e director de teatro Ramiro Neira achegou ao alumnado a figura de Ricardo Carballo Calero,  a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas 2020.

Historias do libro A xente na barreira e de  Contos da provincia de Lugo foron o cerne para levar a cabo esta actividade, na que o noso alumnado participou activamente e desfrutou ao máximo. Os contos de sempre puxeron en valor unha vez máis a este ilustre escritor ferrolán autor de obras poéticas tales como. «Vieiros» (1931), «Poemas pendurados dun cabelo» (1952), «Pretérito Imperfeito» (1980), «Cantigas de amigo e outros poemas» (1986) o «Reticências» (1990). Como dramaturgo publicou «Cattro pezas: A sombra de Orfeo», «Farsa das zocas», «A arbre», «Auto do prisioneiro» (1971)  e Teatro Completo» (1982). Como narrador, deixou títulos como «Xente da Barreira» (1950), primeira  novela en galego da posguerra, centrada nunha  saga fidalga do  rural, e «Scórpio» (1987), na que retrata á xeración dos vencidos na guerra civil española.



page | by Dr. Radut