Skip to Content

VISITA AO PLANETARIO, CASA DAS CIENCIAS E MUNCYT 4º ESO

O mércores 27 de febreiro o alumnado da materia de Cultura científica de 4º ESO realizou unha visita ao planetario da Casa das Ciencias e ao Muncyt.

No planetario participaron nunha sesión sobre o ceo nocturno do día 21 de marzo (equinoccio de primavera) nas nosas latitudes para aprender que constelacións son visibles no ceo nocturno durante esa época do ano, que planetas poden ser observados sen necesidade de telescopios e que posición ocupa o Sol e a Lúa no ceo durante o equinoccio de primavera.

No Muncyt (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) participaron en grupos nunha actividade denominada “desafío Muncyt” onde tiveron que facer o papel de “detectives” para descubrir mediante unha serie de pistas distintos obxectos, aparatos e inventos expostos neste museo e a súas aplicacións pola humanidade ao longo da historia.

Os participantes estiveron moi interesados nas dúas visitas e cun comportamento excelente. Parabéns a todos eles!



blog | by Dr. Radut