Skip to Content
Lona de benvida

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES DE CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS.

RESOLUCIÓN DO 22 DE OUTUBRO DE 2020, DA SECRETARÍA XERAL DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL, POLA QUE SE ADÍA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES DE CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_adiamento_renovacion_consellos_escolares.pdf

A situación derivada do empeoramento da crise sanitaria xerada pola pandemia do COVID-19 levou ás autoridades sanitarias a ditar a Orde do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Neste contexto, coa finalidade de preservar a saúde das persoas e evitar aglomeracións faise necesario o adiamento da convocatoria de eleccións a consello escolar de centros docentes sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.

Indicacións para entrar na aula virtual.

Para entrar na aula virtual, hai que indicar un nome de usuario e un contrasinal.

Nome de usuario: nome do alumno.apelido1apelido2 (todo en minúsculas, sen acentos e sen ñ, esta convértese en n).

Exemplos:

Nome alumno/a: Pedro Ponte López

Nome de usuario: pedro.pontelopez

Se un alumno ten un nome composto, este queda separado por puntos, por exemplo:

Nome alumno/a: María del Pilar Yáñez Pérez

Nome do usuario: maria.del.pilar.yanezperez

Contrasinal: ​ changeme ( é o mesmo para todos, logo o sistema pide que se cambie)

 

 

PRESENTACIÓN RESUMO ADAPTACIÓN AO COVID 19 CURSO ESCOLAR 2020-2021

En arquivo adxunto dispoñen dunha pequena presentación da adaptación ao COVID19 do curso que comeza mañá. 

 

Recolle algunhas das medidas adoptadas polo Centro para garantir un entorno seguro onde poder desenvolver a actividade académica.

 

PUBLICACIÓN LISTAXE FONDOLIBROS

A listaxe de libros adxudicados no Fondo Solidario está dispoñible no taboleiro de anuncios do IES. Os solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica co seu expediente a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da FNMT.

Listaxe provisional de admitidos e excluídos de FondoLibros

Para consultar esta listaxe deberá acudir ao taboleiro de anuncios do instituto ou ben acceder por vía electrónica a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

Os vales para a compra de material de aqueles alumnos beneficiarios e matriculados agora en xuño, poderán recollerse no instituto a partir do luns 13 de xullo.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021 REVISADO A 8 DE XULLO DE 2020

Listado de libros de texto para o curso 2020/2021

SOLICITUDES ADMITIDAS EN 1º ESO

Segundo as instruccións da Xefatura Territorial, as solicitudes presentadas no noso centro para 1º ESO están todas admitidas.

ABAU

Premendo AQUÍ pode acceder a toda a información das ABAU

  • Convocatoria ordinaria ABAU 2020
  • Datas ABAU 2020 (Do 7 ao 9 de xullo). Horario
  • Instrucións alumnado
  • Impresos para descargar
Distribuir contido


by Dr. Radut