Skip to Content

blogue deadmin

TRANSPORTE ESCOLAR

Transporte: lisxtaxe de admitidos e excluídos.

En beneficio de todos, aqueles alumnos da ESO que non vaian facer uso do transporte deberán darse de baixa do servizo na Secretaría canto antes.

Os alumnos que non aparezan la lista ou atopen calquera erro tamén deberán pasar pola Secretaría para reparalo.

 

PROPOSTA DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2019-2020

Infórmase á comunidade educativa do IES Miraflores que os días non lectivos solicitados como libre elección para o centro son o luns 4 de novembro de 2019 e o venres 20 de marzo de 2019.

BACHARELATO DE EXCELENCIA EN CIENCIA E TECNOLOXÍA

 

STEMBACH

Con data 11 de setembro publicouse no  portal da Consellería de Educación a resolución provisional de Centros admitidos para a implantación do STEMbach, na que estamos incluidos.

Este bacharelato, que se enmarca na estratexia Edudixital 2020, favorecerá unha conexión directa coa universidade, posto que os estudantes farán un proxecto de investigación, con posterior defensa pública, co-dirixido por persoal universitario.

O alumnado cursará unha materia extracurricular semanal, de dúas ou tres horas, e realizará actividades complementarias de formación.

 

Vocación científico-tecnolóxica e conexión coa Universidade.

O obxectivo deste bacharelato é promover a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación ao ensino universitario, e tendo en conta a perspectiva de xénero. Ademais, favorécese unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica; así como o desenvolvemento da creatividade, do sentido da iniciativa ou do emprendemento e da resolución de problemas. Por outra banda, tamén axudará a mellorar as destrezas comunicativas e expresivas e proporcionará unha relación máis estreita entre profesorado e alumno.

Este bacharelato pensado tanto para a modalidade de Humanidades como para a de Ciencias permitirá unha conexión directa co ensino universitario, posto que o alumnado que o curse deberá desenvolver, no segundo curso, un proxecto de investigación individual ou colectivo con posterior defensa pública. Este proxecto, similar ao traballo de fin de grao, será co-dirixido por un docente dun departamento universitario ou dun centro de investigación de prestixio do Sistema Universitario de Galicia ( SUG), e será titorizado polos profesores que impartan a materia de afondamento STEM. De feito, e para cristalizar esta cooperación, asinarase un convenio de colaboración coas universidades participantes.

Materia extracurricular semanal.

Ademais, o alumnado cursará algunha materia extracurricular semanal, de dúas ou tres horas, de afondamento relacionada co ámbito de materias STEM e cunha orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais. Esta materia será a mesma nos dous cursos coa correspondente secuenciación curricular. Así mesmo, realizará actividades complementarias de formación organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores, ou con persoas investigadoras de recoñecida competencia como conferencias, talleres ou proxectos.

Ao final da etapa, e tras a avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, o alumnado recibirá unha certificación acreditativa da dirección do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa.

 

Despedida de curso co "LOCOFEST"

O día 20 de xuño, co gallo do Día Internacional do Refuxiado, un grupo de alumnas e alumnos de 3º ESO C da materia de Valores Éticos organizou un festival (coa inestimable colaboración do Departamento de Música) cun marcado carácter solidario. Tratábase dun proxecto de aula que comezou desde o inicio de curso, cunha clara metodoloxía de Aprendizaxe de Servizo destinada a recadar fondos para os proxectos xestionados por ACNUR:“Educa a un Neno” e  “Mind  the  Gap”.

Grazas á participación e solidariedade de toda a comunidade educativa recadáronse un total de 955,54 €!  Con esta axuda poderase garantir o dereito á educación das rapazas e rapaces refuxiados.

Varios medios de comunicación fixéronse eco da noticia.  Se queredes botalle un ollo pinchade nos seguintes links: Laopinioncoruna.es, Cadenaser.com

Mil grazas a todos pola vosa colaboración e axuda desinteresada, e sobre todo, a ese   grupo de rapaces “tolos” que puxeron toda a súa enerxía e creatividade para axudar a quen máis o necesita. Deixamos este enlace para que podades ver a memoria global do evento en España.

Desde Camerún envíannos unha mensaxe moi especial así como desde o comité de ACNUR

Parabéns a todos!

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019/2020

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/20

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/2020.

Forma de presentación:

  • Presencialmente: cubrindo o Anexo I e II e presentando a documentación no centro
  • Por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática "fondolibros" a través da sede electrónica da Xunta de Galicia

DATA LÍMITE PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 21 DE XUÑO 2019

 

PEPE CARBALLUDE NO MIRAFLORES

O mércores, 17 de marzo contamos coa presenza de Pepe Carballude no IES Miraflores. Posuímos unha abondosa biblioteca cos títulos do autor.. É un autor que tivo moita relación co noso centro e non é a primeira vez que contamos coa súa colaboración. Premendo na ligazón podedes ver un issue que recolle as actividades realizadas.