Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "30 ANOS DE EVOLUCIÓN DOS MATERIAIS DIDÁCTICOS NO ENSINO MEDIO EN GALICIA"

 Aqui vai un vídeo da Voz de Galicia titulado: O agasallo da profesora

III SEMANA DA CIENCIA: AS ERUPCIÓNS VOLCÁNICAS

No marco das actividades da III Semana da Ciencia, o alumnado de Ciencias de 4ºESO preparou unha presentación con maquetas para explicar como suceden as erupcións volcánicas.

DÍA DA ÁRBORE: COLABORAMOS CO COLECTIVO "COUSA DE RAÍCES"

Polo día da árbore (21 de marzo) o colectivo Cousa de raíces, formado por numerosas asociacións, empresas e agrupacións, empredeu unha iniciativa para celebrar esta data tan especial  dirixida aos centros educativos a todas as persoas que quixeran colaborar. O obxectivo final da mesma era a defensa o monte galego.

A colaboración do noso instituto, o mesmo que a de outros centros e ensino galegos, deu como resultado unha curta que reivindica o valor do noso monte. Un grupo de alumnas e alumnos de ciencias en colaboración co profesorado desa materia foi o encargado de presentar esta proposta visual.

EXCURSIÓN Á CORUÑA DA SEMANA DA CIENCIA

(Fai clic aquí para ampliar a imaxe)

O alumnado participante na  I Semana da Ciencia puido disfrutar dunha excursión á Coruña. O percorrido consistíu na visita dos tres principais museos científicos da cidade:

        

Ademais tamén disfrutaron da fermosa paisaxe da costa desde a torre de Hércules. Velaí  vos quedan unhas imaxes do grupo e da paisaxe.

VER GALERÍA DE FOTOS

I SEMANA DA CIENCIA

Durante esta semana (do 15 ao 19 de febreiro) estamos a celebrar no instituto a "I Semana da ciencia e da tecnoloxía". O alumnado poderá asistir a diferentes obradoiros con experiencias e demostracións científicas e tecnolóxicas que realizarán os seus propios compañeiros. Algúns teñen títulos do máis chamativo, como por exemplo: "Probando a existencia do ar", "O vaso que ten sede" ou "Dentrífico para elefantes". Outros parecen moi interesantes "Un charco de auga", "Xogando coa luz", "Sólidos platónicos" ou "Cromatografía".

O obxectivo destas actividades é difundir o coñecemento científico e promover unha visión positiva da ciencia.

Monólogos científicos

A primeira sesión "inaugural" realizouse como estaba previsto na mañá do luns 15, ás 11.  Na aula de 3º ESO C ofreceron os seus monólogos científicos ao alumnado de 3º B e 3º C un grupo de 1º e 2º de Bacharelato. Quedaron sen tempo Sara García Senra e Ramón Giménez Güimil. Unha lástima. Se queres ver imaxes  dos monologuistas preme nas ligazóns:

 

Experimentos de ciencia divertida

Non todo foi falar, ou non só...Tamén tivemos sesións nas que os rapaces facían experimentos interesantísimos e divertidos. Estes foron algúns dos que puidemos ver:

  • Probando a existencia do ar (4º ESO- PDC)
  • O ovo que quere entrar na botella (4ºESO-A)
  • Cromatografía (2ºBacharelato A)
  • A auga dun charco (1ºESO)
  • Xogando coa luz (3ºESO)
  • O vaso que ten sede (4ºESO-A)
  • Nutrintes nos alimentos (1ºBacharelato)
  • Dentrífico para elefantes (3ºESO)
  • Experiencias sorprendentes (2º Bacharelato)

Obradoiros e charlas

Alumnado e profesorado explicou aos asistentes diferentes aspectos relacionados co corpo humano ou ca natureza. Aquí temos unha mostra:

  • Planetas do sistema solar (1º ESO)
  • Obradoiro de reanimación cardio-pulmonar ( 2º TSAAFD)
  • O esquelete dun can (1º Bacharelato)
  • O esquelete humano (2º TSAAFD)
  • Obradoiro de fósiles (1º ESO)
  • Os volcáns (4ºESO)

Exposicións

 O alumnado de Lingua e Literatura Galega de 4ºESO preparou unha exposición sobre Mulleres cientíificas (que podes descargar ou ver aquí),

 

Construcción colectiva de estructuras

O alumando foi quen de crear estructuras complexas e interesantes das áreas da xeometría ou da enxeñería como estas a seguir:

  • A ponte de Leonardo (3ºESO-B)
  • Un omnipoliedro (1º ESO)

 

Concurso

Para rematar esta avalancha de actividades temos un concurso en marcha. Trátase do I Concurso de identificación de aves. Os concursantes teñen que observar unhas imaxes dos exemplares de diferentes especies de aves e completar unha ficha detallada de cada un. Quen consiga completalas correctamente será o gañador do concurso que está dotado cun magnífico premio. Para ver a exposición podes facer clic na imaxe.


VER GALERÍA DE FOTOS COMPLETA

A MINERÍA DO OURO EN GALICIA

O venres día 5 de abril levouse a cabo na Biblioteca do instituto una actividade de Educación Ambiental coa participación de todo o alumnado de 1ºBacharelato, 3º e 4º de diversificación e o alumnado de Ciencias da Terra de 2º Bacharelato.

Estes aproximadamente 90 alumnas e alumnos foron conducidos polo xornalista Emilio Varela para descubrir o pasado, presente e futuro da extracción de ouro no mundo, e en Galicia en particular, facendo fincapé nas graves consecuencias medioambIentais da contaminación e os efectos sobre a saúde humana e os seres vivos da contorna deste tipo de actividade, concretamente das Explotacións de OURO en MINAS A CEO ABERTO, coñecida mundialmente como “MEGAMINERÍA”.

      

Emilio Varela é un xornalista dedicado á divulgación e á conservación do medio natural, que en varias ocasións pasou polo noso instituto tratando diversos temas como o do vulcanismo o pasado ano.

Sempre se vale de extraordinarias imaxes tomadas por el  in situ e comentadas con moito entusiasmo e sentimento, tentando que o alumnado se concentre, entre no tema e se interese por el.

O ouro está de actualidade en Galicia por estar a piques de aprobarse un plan de explotación a ceo aberto deste mineral na chamada MINA DE CORCOESTO en CABANA DE BERGANTIÑOS, na Costa da Morte, e pola existencia de proxectos similares de explotación de ouro noutros puntos da nosa xeografía.

A actividade rematou cun coloquio onde se fixeron preguntas e comentarios diversos e conferenciante e asistentes deixaron as súas dúbidas sobre a mesa .

En definitiva, tratouse ao longo da mañá ( de 10h00 a 14h30) de comprender unha problemática concreta, a do ouro, de espertar a conciencia crítica do alumnado plasmada nun problema local galego e de facer unha sesión de educación ambiental que resultou moi intensa e interesante, incluso emotiva pois Emilio é de Cabana, por achegarnos non só o aspecto científico do tema, senón tamén o social e as repercusións nas localidades próximas á mina con mobilizacións de parte da poboación debido á preocupación creada.

Unha vez máis púxose sobre a mesa a diabólica dualidade economía-ecoloxía , elementos que poucas veces son compatibles pero que en todo caso debemos tentar equilibrar para que o desenvolvemento económico non sostible remate con boa parte do planeta e da súa calidade de vida, que en definitiva é a nosa propia.

Distribuir contido


by Dr. Radut