Skip to Content

Acondicionamento Físico

PRESENTACIÓN DO CICLO SUPERIOR

Para ver a presentación preme na imaxe
Despois pon a presentación en pantalla completa a vai premendo para pasar ao seguinte apartado

ADESTRA CON NÓS

ADESTRA CON NÓS !!

O alumnado do Ciclo Formativo de Ensinanza de Animación Sociodeportiva están subindo á sua conta de instagram plans de adestramento feitos por eles para facer na casa durante estes días de confinamento.

Visítaos en @tseasdkrril.1 e dalle duro.

Na prensa: O Faro de Vigo // La Voz de Galicia

PREMIO ÁS BOAS PRÁCTICAS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA 2019

Comprácenos Informar que xa é definitivo o Premio ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 ao IES Miguel Ángel Gonxález Estévez do Carril polo proxecto "Marzo sen Fronteiras".
Parabéns aos organizadores Conchi Pérez e Luís Garrigós e ao alumnado e profesorado participante.  Entrega de premios por Carmen Pomar.

Esta iniciativa serás difundida pola Consellería como

"boas prácticas de inclusión educativa", co fin de promover unha escola que compense as desigualdades, na que se axusten as intervencións educativas e a diversidade do alumnado. En definitiva, unha educación que "garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa á creación de contornas e culturas inclusivas".

Accede aquí ao documento coa resolución oficial do premio.

MARZO SEN FRONTEIRAS 2020

 Este ano tivo lugar unha nova edición de Marzo sen fronteiras, iniciativa merecedora dun premio de boas prácticas pola inclusión educativa concedido pola Consellería de Educación. 

Celebramos, o dia 11 de MARZO, o evento MARZO SEN FRONTEIRAS como colofón ao traballo feito durante o curso cos alumnos de segundo do ciclo en colaboración cos de primeiro.

    Foi no curso 14-15 cando empezamos a  nosa andaina neste traballo de INCLUSIÓN a través da actividade física. Un traballo en base a proxectos que cada vez ten mais participantes. Este ano ao alumnado de terceiro e cuarto de Música, ao do Clube de Lectura e algún de Debuxo, o colexio CEE, AMENCER, BATA, o CENTRO OCUPACIONAL SAIAR e a AGRUPACIÓN CON ELES, temos que  unir os enfermos de Parkinson (APROPARK) aos que estivemos dando clases todos os mércores perante todo o curso no horario de 11.15 A 12.45. Foi toda unha experiencia con este colectivo!!!
    Agradecer a todos os colaboradores dos distintos centros educativos a sua axuda e aos colaboradores externos pois sin eles nada podería saír adiante. Colgamos o cartel deste ano pois é a nosa forma de agradecemento.
    Unha xornada moi bonita, emotiva e... sobre todo INCLUSIVA. Ese é o noso obxectivo.
Conchi Pérez, unha das persoas
organizadoras de Marzo sen Fronteiras
 
 
 
O alumnado de música no acto de inauguración:
 

Vídeo en Canal Rías Baixas:

 
Na prensa:
Distribuir contido


by Dr. Radut