Skip to Content

2019-20

PRESENTACIÓN DO CICLO SUPERIOR

Para ver a presentación preme na imaxe
Despois pon a presentación en pantalla completa a vai premendo para pasar ao seguinte apartado

ACTO DE RECOÑECEMENTO Á EXCELENCIA DOS MELLORES EXPEDIENTES DA ABAU NA USC

Informamos de que a Universidade de Santiago de Compostela recoñecerá esta tarde a excelencia do alumnado galego que acadou unha nota de acceso á universidade de 9 puntos ou máis.

 

Comprácenos comunicar que o instituto de Carril conta con dúas alumnas e un alumno que se atopan neste grupo de excelencia. Queremos expresarlles dende aquí os nosos máis sinceiros parabéns e facer constar o orgullo que isto supón para o noso Centro.

 

O acto de recoñecemento terá lugar no Salón Nobre de Fonseca da USC ás 17:00h. As circunstancias sanitarias actuais non permiten facer unha celebración multitudinaria pero está previsto que poida seguirse en directo a partir das 17h a través da canle de Youtube da USC:

 

Un saúdo,

     A Dirección.

CONCENTRACIÓN POR UN ENSINO PÚBLICO SEGURO E DE CALIDADE

Concentración IES Carril

Para ler a nova nos medios de comunicación, clic nos logos:

                                         

 

Reunido o claustro o día 7 de xullo ás 10:30 decidiu adoptar as seguintes medidas de protesta, ante as condicións que se presentan para a organización do vindeiro curso:

1. Facer público o seguinte comunicado na páxina do centro, xunto ao escrito aprobado no claustro anterior do 30 de xuño de 2020.

2. Facer unha CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 8 DE XULLO ÁS 11 HORAS FRONTE AO INSTITUTO para ESIXIR UN ENSINO PÚBLICO SEGURO E DE CALIDADE.

3. Difundir a través dos medios de comunicación as nosas reinvindicacións.

CONCENTACIÓN POR UN ENSINO PÚBLICO SEGURO E DE CALIDADE

Reunido o claustro o día 7 de xullo ás 10:30 decidiu adoptar as seguintes medidas de protesta, ante as condicións que se presentan para a organización do vindeiro curso:

1. Facer público o seguinte comunicado na páxina do centro, xunto ao escrito aprobado no claustro anterior do 30 de xuño de 2020.

2. Facer unha concentración o mércores 8 de xullo ás 11 horas fronte ao instituto para ESIXIR UN ENSINO PÚBLICO SEGURO E DE CALIDADE.

3. Difundir a través dos medios de comunicación as nosas reinvindicacións.

ANIMAMOS Á PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA: familias, alumnado, persoal non docente e profesorado unidos na loita pola saúde e a calidade do noso ensino.

ATENCIÓN PRESENCIAL DO PROFESORADO ÁS FAMILIAS

CITA PREVIA
logo Abalar | Xente Dixital
   
Icono de teléfono redondo - Descargar PNG/SVG transparente

En liña por

AbalarMóbil

 

Por teléfono:

886 151 791

ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Hola a tod@s, aquí póñovos os enlaces de admisión aos ciclos de grao medio e o calendario, aínda non abriron a aplicación nin publicaron a oferta educativa do curso vindeiro 2020/2021 pero nestes días estará todo actualizado. Xa ides ver que algunha información aparece entre parénteses (pendente de publicación ou actualización). Dende estas ligazóns podedes entrar directamente.
Moita sorte no que solicitedes.
 
 

ADMISIÓN NOS CICLOS DE GRAO SUPERIOR

Hola a tod@s, aquí póñovos os enlaces de admisión aos ciclos de grado superior e o calendario, aínda non abriron a aplicación e ainda non publicaron a oferta educativa do curso vindeiro 2020/2021, nestes días estará todo actualizado.Xa ides ver que nalgunha información aparece entre parénteses (pendente de publicación ou actualización).
Dende estes enlaces podedes entrar directamente.
Moita sorte no que solicitedes.
 
 
 
 

INFORMACIÓN ABAU 2020

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-20

ALUMNADO:

  • Alumnado que cursou 1ºESO, 2ºESO, 3ºESO e 4ºESO no presente ano académico.

DATAS:

  • 26 de xuño: 4ºESO
  • 29 de xuño: 2ºESO
  • 1 de xullo: 1ºESO
  • 2 de xullo:3ºESO

LUGAR:

  • Entrada ao edificio ao final do aparcamento (a carón da sala de profesores).

REQUISITOS:

  • Sen cita previa.

EXCEPCIÓNS:

  • O libros das materias suspensas non se devolven ata setembro.

NOTA: No mesmo día que devolvedes os libros de texto tedes que devolver os libros da biblioteca. Ademais entregarásevos o material que deixastes na aula.

Distribuir contido


by Dr. Radut