Skip to Content

Orientación

CHARLAS DO PROFESORADO UNIVERSITARIO

Neste segundo trimestre estanse a celebrar unhas charlas impartidas por profesorado universitario sobre diferentes temas relacionados coas materias opcionais escollidas polo alumnado. As charlas previstas son as seguintes:

  • Día 4 de febreiro charla para alumnos de Bacharelato de Ciencias sobre o tema “Quen me garante que os alimentos son seguros?”
  • Día 11 de febreiro charla para alumnos de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais sobre o tema "Os romanos en Galicia”.
  • Día 25 de febreiro charla para alumnos de Bacharelato de Ciencias sobre o tema “Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental.”
  • Día 26 de febreiro charla para alumnos de 2º de bacharelato charla informativa sobre a Universidade de Santiago de Compostela impartida por profesorado da mesma.

 

PREVENCIÓN DE DESORDES NA ALIMENTACIÓN

O Departamento de Orientación vai desenvolver neste segundo trimestre un  programa de educación para a saúde coa colaboración da Cruz Vermella Xuventude no que se tratará  o tema da alimentación e nutrición e os trastornos da conduta alimentaria incidindo na noción de alimentación e nutrición saudables. O alumnado ten que aprender a recoñecer a presión de grupo e a infuencia da sociedade e da moda na percepción do propio corpo.  Sobre os trastornos da conduta alimentaria como a anorexia, a bulimia, a vigorexia vanse tratar os factores que inflúen e as características básicas da enfermidade cunha finalidade preventiva. Este programa está destinado ao alumnado de 3ºESO.


EDUCACIÓN PARA A SAÚDE NA ESO

Na primeira semana de novembro o alumnado da ESO tivo a ocasión de asistir a unhas charlas educativas sobre diferentes temas que lles afectan directamente. Todas esas charlas forman parte dun programa de educación para a saúde en colaboración co Servizo de Prevención de Drogodependencias de Vilagarcía (SPAD).

  • 1º ESO: Habilidades sociais
  • 2º ESO: Prevención do abuso do alcohol
  • 4ºESO: Mitos/crenzas erróneas e conceptos básicos sobre drogas ilegais

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Na derradeira semana de outubro o alumnado dos cursos de 1º, 2º e 4º ESO participou nun programa de educación para a saúde en colaboración co Servicio de Prevención de Drogodependencias de Vilagarcía (SPAD). 

O alumnado, dependendo dos cursos, traballou as habilidades sociais e a autoestima, asistiu a unha charla de prevención do uso/abuso do alcol e recibiu formación sobre drogas ilegais.

Neste tema hai que telo moi claro: canta máis formación, menos riscos!

"NAVEGA CON RUMBO" PARA 3ºESO

O xoves 30 de maio, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Xunta de Galicia, presentou o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo ao alumnado de 3ºESO do noso instituto. A charla tiña como obxectivo dar unha serie de pautas para navegar con seguridade pola web: as diferentes maneiras de evitar o ciberacoso ou o contacto con persoas cunha identidade falsa que aproveitan o seu anonimato para cometer delitos ou os riscos de visitar certas páxinas con contidos inapropiados . Toda esa información pretende conseguir que o alumnado se responsabilice do uso que fai  de Internet e  que sexa cauteloso e consciente dos riscos.

Para máis axuda e información, clic aquí.

SEMANA DA ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Na semana (do 25  de febreiro ao 1 de marzo) desenvolvéronse diferentes actividades  dirixidas á orientación académica e profesional do alumnado que remata a educación secundaria. 

  • Oferta de estudos e especialidades da Universidade de Santiago (26/2/13). Dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato e 2º do Ciclo Superior TSAAFD.
  • Reunión informativa para pais e nais as 20h00 (26/2/13). Tratará sobre as opcións académicas ao finalizar os estudos secundarios. 
  • Oferta de estudos na Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galiza.(28/2/13) Dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato de Artes.


  • OS RISCOS DE INTERNET (1º e 2ºESO)

         A semana do 25/2/13 ao 1/3/13 celebráronse unhas charlas co tema "Riscos de Internet" a cargo da Policía Nacional dirixidas ao alumnado de 1ºESO e 2ºESO. O propósito desta actividade é amosarlles aos rapaces os riscos aos que están expostos nas redes sociais ou determinados sitios de Internet. Ademais recibiron instrucción sobre como evitar os problemas legais que derivan do mal uso da rede. Como complemento a esta charla podedes consultar os consellos da páxina "Navega con Rumbo".

     


    CHARLA DO PROGRAMA "MENTALÍZATE"

    O alumnado de 4ºESO asistiu a unha charla moi interesante impartida polos membros da asociación vilagarciana pro-saúde mental "Lar". Esta asociación está levando adiante o programa "Mentalízate" que ten como obxectivos prioritarios a promoción da saúde mental e a prevención deste tipo de enfermidades. Un dos aspectos máis interesantes desta campaña é a presentación de pacientes reais moi lonxe de estereotipos cinematográficos ou de rúa. Ademáis establécese a relación que existe entre o consumo de substancias tóxicas e as enfermidades mentais.

    Para saber máis sobre este magnífico traballo a prol da saúde entre os xóvenes de Vilagarcía clic aquí.

    E DESPOIS QUE?

    Se queres información sobre carreiras e ciclos para o próximo curso, pulsa aquí. Atoparás desde os distintos ciclos que se poden facer en Galicia ata as carreiras que mellor de adaptan ao teu perfil de formación.

    Distribuir contido


    by Dr. Radut