Skip to Content

SEMANA DA CIENCIA 2017: MARIA SALOMEA SKLODOWSKA

Versión para impresoraVersión para impresora
Outro fermosísimo retrato 
realizado polo alumnado
de Bacharelato Artístico.

A directora do instituto do Carril, Rosa Gómez,  presentou a semana da ciencia 2017 dedicada este curso a homenaxear a Maria Sklodowska-Curie.

Organizada e coordinada por Bibliomalveiras,  a semana comezou o 7 de novembro, día no que se celebra o 150 aniversario do nacemento desta gran científica. Varios elementos converxen nela: este ano celébrase o 150 aniversario do nacemento de Marie Curie, o instituto do Carril está ubicado na rúa Marie Curie,  e ademais o mes de novembro está dedicado á ciencia en galego en toda a rede de bibliotecas das escolas públicas de Galicia. 

Detrás das persoas que falan nos vídeos pódese apreciar o cartaz creado por alumnado do Bacharelato artístico e presentado pola súa profesora, Águeda.  Pola súa banda, a profesora de Lingua e Literatura Galega, Teresa Escariz, leu en voz alta a biografía de Marie Curie. Para completar o retrato desta muller senlleira e da súa época unha alumna de Bacharelato, Elena Rodríguez Ouviña,ofreceunos unha interpretación ao violín do Concerto nº2 de Henryk Wieniawsky.

(Para ampliar os vídeos, fai clic para reproducir e despois preme no logo de Youtube)

A axenda desta xornada de presentación estivo centrada na faceta máis íntima e persoal de Marie Curie cunha lectura pública de varios fragmentos do seu diario, escrito entre 1906  e 1907 que reflexa o dó polo pasamento do seu home, Pierre Curie. A lectura faise en varias linguas: o francés, lingua orixinal na que ela escribíu o texto, o galego, o castelán, o portugués, o euskera,  o alemán, o inglés, o italiano e por último o valenciano. Esa mesma tarde o un membro do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Xela, e máis un profesor que ata o ano pasado formou parte do mesmo departamento, Manuel Chouza, deron unha charla ao alumnado de ciencias de 3º, 4º da ESO e 1º e 2º Bacharelato co título Contra o ninguneo das mulleres científicas impúxose Marie Curie

                       

Durante esta mesma semana o alumnado de Cultura Científica de 4ºESO preparou unha charla destinada ao alumnado de 3ºESO sobre a contribución á ciencia de 18 mulleres científicas. Ademais de pasar polas aulas de 3ºESO deixaron as fichas destas 18 mulleres nunha exposición no primeiro andar do noso centro.

Podes seguir con máis detalle as actividades da semana das ciencias no blog de Bibliomalveiras premendo nas seguintes ligazóns:



story | by Dr. Radut