Skip to Content

ROTEIRO DE ROSALÍA DE CASTRO

Versión para impresoraVersión para impresora

O Departamento de Lingua Galega e Literatura levou a cabo unha saída cultural cos estudantes  de 1º Bacharelato o 5 de abril de 2016 baixo o título “Roteiro de Rosalía de Castro”. O principal obxectivo desta actividade era achegar a figura e a obra da nosa grande poeta ao noso alumnado. Ademais esta escritora forma parte da programación neste curso.

 

(VER GALERÍA DE IMAXES)

 Pretendíamos visitar todos aqueles lugares, rúas, institucións que tiveron algo que ver coa súa vida e obra, mais eramos conscientes de que facer todo iso nunha soa xornada non ía ser posible polo que elaboramos un roteiro partindo do noso centro cara a Santiago.

En cada parada recitábase un ou máis poemas. Na lectura dos mesmos participaban todos/as os/as alunos/as. Foron especialmente emotivas ,a visita á Casa da Matanza; a lectura no cemiterio de Adina; a do poema “Campanas de Bastabales”, onde repenicaron as campás en exclusiva par nós; a visita á capela do Hospital Real e a ofrenda floral no Panteón dos Galegos Ilustres. Por falta de tempo tivemos que deixar atrás algún dos puntos sinalados no roteiro. Ao remate entrgóuselle ao alumnado un cuestionario para comprobar o grao de atención prestada aos comentarios feitos polo profesorado. 

A experiencia, en xeral,  foi positiva, o alumnado respondeu bastante ben ás expectativas que tiñamos . Moitos, a pesar da proximidade dos lugares a visitar, nunca foran á Casa Museo de Rosalía, non sabían onde quedaba Bastavales e tiveron a oportunidade de pasear por rúas de Santiago que non están dentro dos seus itinerarios cando se achegan a esta cidade. 

Departamento de Lingua Galega e Literatura.



story | by Dr. Radut