Skip to Content

Educación física

O CICLO SUPERIOR VISITA O SAIAR

O xoves 14 de novembro de 2019 os profes que dirixen o proxecto MARZO SEN FRONTEIRAS e o alumnado de segundo TSEASD que o fai posible, fomos pasar unha mañà ao centro ocupacional SAIAR onde nos explicaron como funcionan os obradoiros de cestería, mobles, xardineria e encadernación. Estivemos toda a mañá con eles e os seus labores.
O proposito foi coñecelos para adaptar as actividades que se levarán a cabo este ano no evento o 11 de marzo en Fexdega. Pasámolo en grande e traballamos un montón. O video é o fiel reflexo diso.

O CICLO SUPERIOR TEN UNHA XORNADA COS MAIORES

Día 7 de novembro - concello de Sanxenxo - Pavillion de Baltar

O grupo de segundo do ciclo superior TSEASD traballou con persoas da terceira idade e co técnico especialista en actividades físicas nestas idades: Nacho Rebollo para o módulo de "Actividades Físicas para a inclusion social". Queremos agradecer  a todos eles, tecnico e usuarios, que nos permitiran traballar conxuntamente

1º E 2º DO CICLO SUPERIOR FIXERON ACCROBRANCHE

 
Para aumentar as imaxes fai clic en cada foto
 
Esta actividade multiaventura para os dous cursos do Ciclo Superior  foi realizada no Ecoparque de Marín o día 8 de outubro. A actividade está composta de circuitos suspendidos a diferentes alturas e dotados dun número variable de xoogos de diversa dificultade e con tirolinas de ate 120 metros.
 
 

O CICLO SUPERIOR FAI PAINTBALL

O  28 de outubro o alumnado de 2 curso do ciclo superior TSEASD realizou no concello de Caldas Reis no Campo do Lobo unha sesión de Paintball. A práctica desta actividade pertence aos módulos de "Dinamización grupal" e ao de "Actividades de lecer e tempo libre". Como mostra desta actividade quedan estas fotos.
 Preme en cada imaxe para ampliar

SAMAÍN 2019

Os ciclos superiores TSEASD e TSAF levaron a cabo a animación da festa do Samaín deste curso 2019-20. Todo foi unha sorpresa preparada con moito secreto polo alumnado e a súa profesora Marta.

 

Por unha banda, o alumnado de 1º de TSAF exhuibiu, durante o recreo, unha coreografía de aerobic que representaba o despertar dos zombis do pavillón. Esta actuación tivo unha gran aceptación por parte dos compañeiros e compañeiras do instituto, así como dos profesores e profesoras que se acercaron. Agradecemos a súa participación como espectadores!

 

Por outra banda, o alumnado de 2º TSEASD montou unha casa do terror na que se representaba aos compoñentes dun circo que, tempos atrás, pechara as súas actuacións por motivos aínda hoxe descoñecidos. Esta actividade dirixiuse ao alumnado de 1º e 2º ESO que puido vivir unha experiencia terroríficamente inolvidable.

 

 

O CICLO TSEASD FAI O CURSO "PROGRESA DIXITALMENTE CON FACEBOOK"

O alumnado de 2º curso do ciclo superior TSEAFD fixo durante toda a mañá de hoxe un curso de manexo das novas tecnoloxías. O curso chámase Progresa dixitalmente con Facebook e é realizado por alumnado de toda España. "Trátase dunha serie de workshops para axudar a lograr o ÉXITO PERSOAL e PROFESIONAL a xóvenes entre 18 e 30 anos." segundo reza na páxina web do Gabinete de Recolocación Industrial en colaboración con Facebook.

Como testemuña da actividade aquí vos quedan estas imaxes.

(Fai clic nas imaxes para amplialas)

O CICLO SUPERIOR TRABALLARÁ CON ENFERMOS DE PARKINSON

Todas as semanas deste ano académico o alumnado do Ciclo Superior vai recibir formación práctica da asociaciòn APROPARK de Vilagarcia de Arousa, organización centrada na enfermidade de Parkinson.
   Todos os mércores, durante o curso , por parellas , e baixo a supervisiòn da profesora do mòdulo de ACTIVIDADES FISICAS PARA A INCLUSIÒN SOCIAL de segundo do ciclo TSEAFD, o alumnado traballará cos enfermos de Parkinson no seu àmbito físico.

Ver galería de fotos

  charla-coloquio-parkinson4.jpg  charla-coloquio-parkinson5.jpg  charla-coloquio-parkinson7.jpg
 

 Como mostra desta colaboración, hoxe, mércores 2 de Outubro membros de APROPARK  viñeron impartir unha charla-coloquio sobre esta enfermidade progresiva do sistema nervioso que afecta ao movemento. Tamara, Cristina e Cali, expertas na materia, fixeron unha sesiòn maxistral e informáronnos sobre esta enfermidade que afecta a unha grande parte da poboaciòn.

Despois do Alzheimer é a segunda mais usual na terceira idade . E o certo é que cada vez afecta á xente mais xove. Dada a enorme repercusión sobre a vida das persoas que ten o parkinson a poboación ten que concienciarse da importancia de previla por todos os medios, entre eles o exercicio físico.

   Este ano a asociación APROPARK formará parte do evento MARZO SEN FRONTEIRAS.

ANDAINA POLA ILLA DE AROUSA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DO CICLO SUPERIOR

Coma todos os anos, o alumnado de primeiro (AF) e segundo (TSEASD) de ciclo superior xunto co profesorado fixo unha andaina de 18 km. pola Illa de Arousa.
 
Durante a andaina fixeron uns xogos de dinamización grupal para romper o xeo entre os/as membros dos grupos. Estes xogos foron deseñados e preparados polo alumnado de 2º como parte da súa preparación profesional.
 
 Para aumentar/descargar fai clic na imaxe
 

 
 
 

MARZO SEN FRONTEIRAS 2019

Xa celebramos a quinta edición de MARZO SEN FRONTEIRAS nesta ocasión dedicado aos continentes . Este ano foi con moita diferenza o que tivo participación máis numerosa xa que incluíu aos cinco centros (CON ELES, SAIAR, CEE, AMENCER E BATA cos seus educadores, coidadores e demáis..) e todo o ciclo formativo. Hai que engadir que os departamento de MUSICA, DEBUXO, TECNOLOXÍA e  BIBLIOTECA... participaron no evento xunto co seu alumnado ademais de profesorado doutros departamentos. En total sobre 350 / 370 persoas...

MarzoSenFronteiras2019_66.jpg MarzoSenFronteiras2019_54.jpg MarzoSenFronteiras2019_55.jpg MarzoSenFronteiras2019_41.jpg
MarzoSenFronteiras2019_47.jpg MarzoSenFronteiras2019_33.jpg MarzoSenFronteiras2019_23.jpg MarzoSenFronteiras2019_11.jpg

  Entre outras novidades este ano tivemos terapia animal con aves rapaces e acompañounos en todo momento un DJ , un profe de Capoeira ...e tivemos tamén un padriño : SERGIO ALVAREZ , xogador do Celta, todo un acontecemento.

  O obxectivo deste proxecto é seguir ampliando fronteiras facendo un centro, o noso centro, o mais inclusivo da nosa comunidade. Seguiremos traballando cara ao 2020!!!!!!!!!!

VER GALERÍA DE FOTOS

Marzo Sen Fronteiras na prensa:

(clic nas imaxes para ler as publicacións)

                  

 

 

 

 

 

Vídeo publicado polo CANAL RÍAS BAIXAS:

CHARLA SOBRE PARÁLISE CEREBRAL POLO DIRECTOR DO CENTRO AMENCER

Continuamos coa ronda de aprendizaxes dende a perspectiva dos expertos. Hoxe pola mañan, dende as 10.30h.ata as 12.30h. acompañounos na bibilioteca o psicólogo e director do centro Amencer Princesa Letizia,  David Carrera.
Falounos da parálise cerebral e de como tratala co fin de axudarnos a incorporalos do mellor xeito posible ao noso evento MARZO SEN FRONTEIRAS 2019, que se  celebrará o pròximo 27 de Marzo no Recinto Ferial Fexdega
 
Este ano é o segundo no que se incorporan  rapaces e adultos con parálise cerebral.Foi toda unha  aprendizaxe. Simplemente, temos que ver as súas capacidades, nunca as limitaciòns. Mariola, a acompañante de David este ano, foi todo un exemplo para nós. Moitisimas gracias aos dous e un pracer recibirvos no noso centro. 
 
Non só aprendimos deles senón que tamén nos decatamos das barreiras arquitectónicas que o noso centro ofrece para estas persoas.  Se queres ver  imaxes ampliadas do encontro podes ver o album de fotos. Se queres ver un pase de diapositivas  podes facer clic nesta imaxe:
Álbum: CICLO SUPERIOR (TSAAFD) -> Charla sobre a parálise cerebral
Distribuir contido


by Dr. Radut