Dpto. Xeografía e Historia.

Xeografía e Historia 1º ESO A+B. Curso 2020-2021. Fernando Ferreiro Teijeiro.

Xeografía e Historia 2º ESO. Curso 2020-2021. Marta Bande Buján.

Xeografía e Historia 3° ESO. Curso 2020-2021. David Fernández Chaves.

Xeografía e Historia 4° ESO A+B. Curso 2020-2021. David Fernández Chaves.

 Historía del Mundo Contemporáneo 1º BAC. Curso 2020-2021. Teresa Rodríguez Fernández.

Historia de España 2º BAC. Curso 2020-2021. Teresa Rodríguez Fernández.


AVALIACIÓN

A avaliación terá en conta os diferentes elementos que constitúen o currículo, é dicir, as competencias básicas, os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe.

AVALIACIÓN INICIAL

Nos primeiros días do curso escolar, no mes de setembro, poderanse realizar probas sinxelas para avaliar o grao de coñecemento dos contidos mínimos que se consideran necesarios para construír sobre eles as novas aprendizaxes. Esta proba non terá repercusión na cualificación. Sería tamén conveniente observar as peculiaridades na forma de aprender de cada alumno, así como o grao de integración social de cada un deles.

Os membros do Departamento consideran tamén conveniente que cada profesor tentara comprobar o nivel de coñecementos previos do alumnado en cada tema da materia.

AVALIACIÓN ORDINARIA

Ao longo do curso están programadas tres sesións de avaliación, unha por trimestre. A última delas coincidirá coa avaliación final ordinaria do mes de maio. Durante cada avaliación realizaranse como mínimo unha proba que abarcarán a materia impartida.

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Para avaliar as materias da área de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia poderán utilizarse os seguintes instrumentos:

• Probas escritas, podendo ser de preguntas curtas, de respostas directas, de preguntas teóricas a desenvolver cunha certa amplitude, etc, probas que serán fixadas dependendo da marcha e do desenvolvemento da materia.

Nas probas escritas de calquera tipo, poderán presentarse ao alumnado:

• Textos, gráficas, imaxes e mapas históricos para ser analizados e comentados, de acordo coas pautas dadas na aula.

• Termos para ser definidos.

• Preguntas que o alumnado debe contestar a partir dos contidos desenvolvidos na aula.

• Desenvolvemento dun tema, a partir de fontes documentais, que o alumnado debe analizar e ter en conta.

• Exercicios de carácter práctico.

• Probas orais na clase, ben individuais, ben colectivas (no caso de traballos en grupo).

• Traballos individuais ou en grupo. Algúns deles faranse na aula e outros na casa, de lectura e/ou investigación que serán entregados no prazo establecido, traballos para os que se poderán utilizar as novas tecnoloxías.

• Valoración do caderno de clase.

• Valoración da curiosidade e interese pola materia, mellora na lectura e escritura, integración nos grupos de traballo, así como a creatividade.

• Actitude na clase: comportamento, puntualidade, orde, cumprimento das normas que o profesorado considere preciso ter en conta á hora da cualificación final.

• Consecución das competencias básicas.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Os criterios de cualificación para as avaliacións serán os seguintes: Probas obxectivas

• Todas as preguntas, textos, mapas, etc, irán numerados e indicarase, se procede, a valoración de cada un.

• Terase moi en conta a corrección na escrita (léxico, gramática, ortografía, orde, limpeza). En caso de erros reiterados e/ou graves na realización de textos escritos, poderase restar ata 1 punto.

Probas orais. Terase en conta a capacidade discursiva e a linguaxe utilizada, así como o grao de coñecementos.

Traballos

No caso de traballos na aula, terase en conta a realización dos exercicios e actividades ordenados, a presentación do caderno de clase, as preguntas que se formulan.

No caso de traballos individuais, valoraranse tanto o caderno de clase como o traballo cotiá, así como aqueles de carácter extraordinario. Terase tamén en conta a calidade dos textos e das ilustracións.

No caso de traballos en grupo, ademais de valorar o mesmo que nos traballos individuais, terase en conta tamén a participación de cada membro do grupo.

En canto aos mínimos esixibles na presentación de traballos escritos, os criterios que se seguirán serán os seguintes:

• Cumprir o prazo de entrega.

• Presentar un traballo pulcro, usando unha letra clara e lexible.

• Gardar as marxes e estruturar o texto en parágrafos.

• Unir con grampas ou clips as follas se a extensión do traballo é de máis dun folio.

 Non usar o "cortar e pegar". O traballo debe reflectir que lemos, comprendemos e sabemos expresar o contido do lido.

• Revisar a ortografía e puntuación antes de entregalo.

• Empregar un rexistro lingüístico formal e culto, esforzánse por empregar a terminoloxía específica das Ciencias Sociais.

• Citar correctamente, no seu caso, a bibliografía e/ou as fontes consultadas e utilizadas na elaboración do traballo, especificando tamén a autoría e procedencia

domaterial que achegemos en forma de imaxes, etc.

Actitude:

Valorarase a curiosidade e o interese pola materia, a participación, así como a puntualidade e asistencia.

VALORACIÓN-CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Veñen referidos ós estándares de aprendizaxe e ós instrumentos de avaliación desenrolados na programación Probas escritas referidas os estándares de aprendizaxe: 90% da nota

• Realizaranse como mínimo unha proba por avaliación.

• Puntuada de 0 a 10.

• Farase a media de todas as realizadas ao longo do trimestre, no caso de ter máis de unha.

• Para facer a media hai que acadar unha puntuación mínima de 3 puntos.

• As probas escritas de cada tema non se recuperarán durante o trimestre.

RÚBRICAS DE AVALIACIÓN XENÉRICAS

Para a corrección das distintas preguntas nos exames empregaremos as seguintes rúbricas xenéricas. Os contidos concretos correspondentes a cada pregunta son os establecidos polo Decreto 86/2015 de cuño, e referidos ao nivel de 2º de Bacharelato.

RÚBRICA PARA A CORRECCIÓN DE CONCEPTOS. REFERIDO A UNHA PUNTUACIÓN DE ATA 0,5 PUNTOS.

Suspenso (0-0,1) Resposta en branco ou que revela a incomprensión do concepto Suspenso (0,15-0,2) Resposta confusa ou incompleta Aprobado (0,25-0,3) Resposta correcta, que responde ó esencial e presenta unha contextualización básica Notable (0,35-0,4) Resposta correcta, ben contextualizada, con aclaracións adicionais Sobresaínte (0,45-0,5) Resposta correcta, ben contextualizada, con aclaracións adicionais,ben exposta e axustada a extensión recomendada

RÚBRICA PARA A CORRECCIÓN DE UNHA PREGUNTA DE TEORÍA. VALOR DE 3 PUNTOS

Suspenso ( 0-0,6) Resposta en branco o usen relación coa materia da pregunta Suspenso (0,9-1,2) Resposta confusa, que revela a incomprensión do problema presentado.Resposta incompleta, que revela a falla de coñecemento.

Aprobado (1,5-1,8) Resposta correcta, que demostra o coñecemtno do tema nas súas liñas gerais .

Notable (2,1-2,4) Resposta correcta, que demostra o coñecemento do tema, incluíndo precisións e aclaraciones.

Sobresaínte (2,7-3)Resposta correcta, que demostra o coñecemento do tema, incluíndo precisións e aclaracións.Resposta razoada e coherente que demostra capacidade argumentativa e de síntese, axustándose á extensión máxima recomendada

RÚBRICA PARA A CORRECCIÓN DUNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA.VALOR DE 5 PUNTOS.

Moi deficiente (0-1) Resposta en branco(0) A resposta é unha paráfrase dos documentos(1)

Deficiente (1,5-2) Resposta mestura paráfrase dos documentos con algunha xeneralidade(1,5) A resposta prescinde dos documentos,preséntase como a resposta a unha pregunta teórica(2)

Aprobado (2,5-3) A resposta trata parte das cuestión sinaladas na introducción, cita os documentos, contextualízaos parcialmente e fai algún comentario do seu contido. A redacción e a argumentación son correctas en liñas xerais

Notable (3,5-4) A resposta desenvolve todas as cuestións sinaladas na introdución, cita e contextualiza ben os documentos e analiza parte do seu contido. A redación é precisa e o texto está ben argumentado

Sobresaínte ( 4,5-5)A resposta desenvolve con solvencia as cuestións sinaladas na introdución ou engade cuestións adicionais. Cítanse e contextualizanse ben os documentos e faise unha análise en profundidade dos mesmos. A redación é precisa, o texto está ben argumentado e fai uso de vocabulario específico.

Na resposta da composición de textos deberase atender ós seguintes aspectos para a súa avaliación:

- Utilizar os documentos na redación ( como mínimo, citalos no texto redactado:Valorarnse referencias adicionais: datos, ou argumentos que figuren neles)

- Contextualizar os documentos ( como mínimo incluir unha explicación básica sobre a etapa histórica na que se sitúan. Valoraranse referencias adicionais sobre a data de publicación e a orixe dos textos)

- Analizar os documentos( como mínimo referirse a unha das ideas que figuren neles. Valorarase a introdución de ideas adicionais)

- Completar a información dos documentos ( introducir contidos teóricos que teñan relación cos documentos e permitan responder as cuestións sinaladas no encabezamento da proba como “ cuestións a atender”)

- Desenvolver un fío argumental que permita relacionar os documentos entre sí ( seguir a orde das cuestións a atender ou desenvolver unha orde alternativa.

Cuaderno de clase referido á realización dos estándares de aprendizaje: 10% da nota

Facer as tarefas propostas polo profesor. Ata 1 punto. Cumprir o prazo de entrega. Ata 1 punto.

• Presentación coidada, con letra clara e lexible,gardando marxes e estruturando o texto en parágrafos. Ata 1 punto.

• Ortografía e puntuación correcta. Ata 1 punto.

• Emprego da terminoloxía específica da materia. Ata 1 punto.

• Ter correxidas as actividades feitas na clase.Ata 1 punto.

• Realizar os exercicios de xeito ordeado por tema e páxina.Ata 1 punto.

• Presenta actividades voluntarias a suxerencia do profesor/a.Ata 2 puntos.

• Expón oralmente para todo o grupo informacións complementarias. Ata 1 punto.

O profesor revisará e valorará o caderno, alomenos unha vez no trimestre, no momento no que o considere oportuno.

A nota da avaliación vendrá dada pola suma dos apartados anteriores, sendo necesario acadar 5 puntos para aprobar a avaliación.

O redondeo da nota será á alza a partir de 0,5 puntos.

Todo o alumnado terá dereito a realizar os exames aos que non puidera asistir si previamente presenta a súa correspondente xustificación (xustificante oficial de falta de asistencia). En caso de que non presente dito xustificante, poderá ser examinado desa parte da materia na proba seguinte.

No caso de que un alumno/a copiase e/ou fixese fraude de calquera xeito nuha proba escrita ou traballo presentado levará a cualificación de 0 puntos.

O alumnado que non supere positivamente cada avaliación, deberá presentarse á recuperación que terá lugar ao finalizar o trimestre ou a comezos do seguinte, sobre a materia impartida durante ese período e que non fose superada convenientemente polo alumno.

AVALIACIÓN FINAL

Celebraranse tres avaliacións coas súas correspondentes recuperacións ao longo do curso. Para obter a calificación global positiva da materia é necesario ter superado as tres avaliacións; excepcionalmente no caso de ter unha avaliación con nota de 4 puntos, poderá ter unha calificación positiva sempre que a media das tres avaliacións sexa con unha nota de 5 puntos ou superior.

A nota final do curso obterase da media das tres avaliacións. Se non fose así, e o alumno non acadase unha calificación positiva da materia, deberá presentarse a un exame final no mes de maio que versará sobre os contidos das avaliacións suspensas. Será puntuado de 0 a 10 puntos, sendo necesario un mínimo de 5 puntos para aprobar o exame.

AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA

Na lexislación vixente está prevista unha convocatoria extraordinaria no mes de xuño para o alumnado que non teña acadado unha cualificación positiva na convocatoria de maio. As datas de realización das probas de xuño serán acordadas polo centro e serán públicas. O Departamento confeccionará un modelo de proba escrita, semellante ás probas feitas durante o curso. O alumnado deberá obter unha nota mínima de 5 puntos para obter unha cualificación positiva.




Historia da arte 2º BAC B+C. Curso 2020-2021. Marta Bande Buján.

Xeografía 2° BAC. Curso 2020-2021. David Fernández Chaves.