Skip to Content

MATRÍCULA CURSO 2020-21 (actualizado)

Admisión: (actualizado)

Aviso importante para o alumnado que desexa solicitar a admisión despois do 29 de xuño

Matrícula: (actualizado)

     1.  Le atentamente a nota informativa (clic aquí)

     2.  Fai clic no curso correspondente e descarga:

  • o impreso de matrícula
  • o/s anexo/s que se indican na folla de matrícula de ser o caso

     3.  Imprime a folla de matrícula e o/s anexo/s

     4.  Cumprimenta todos os documentos á man. Se necesitas información sobre optativas e itinerarios fai clic aquí.


     5.  Entrega todo na secretaría acompañado da documentación necesaria, indicada na parte superior da folla de matrícula.

1ºESO

Sección_Bilíngüe

               

       1ºBACH         Ciencias 

Ver anexos aquí abaixo

      
    2ºBACH     Ciencias

Ver anexos aquí abaixo

         
2ºESO

Sección_Bilíngüe

 

        1ºBACH          Humanidades          e CC.SS   

Ver anexos aquí abaixo   

 
2ºBACH Humanidades          e CC.SS

Ver anexos aquí abaixo

         
3ºESO

Sección_Bilíngüe

 
     1ºBACH        Artes

Ver anexos aquí abaixo

 
        2ºBACH         Artes

Ver anexos aquí abaixo

         
4ºESO
 

                                Anexos Bacharelato (se procede):            

Solicitude de uso excepcional do transporte escolar

Compromiso saídas do centro educativo

   

 

 

 MATRÍCULA CICLO SUPERIOR

 


A matrícula realizarase unicamente nos seguintes casos:

  • Promoción de 1º a 2
  • Repetición de 1º
  • Matrícula para a FCT

 

 

 

2º 

 

Pago do seguro escolar (1,12 €) obrigatorio, excepto alumnado maior de 25 anos.

Nº de conta: ES59 2080 5024 9130 4001 0373

MARZO SEN FRONTEIRAS 2020

 Este ano tivo lugar unha nova edición de Marzo sen fronteiras, iniciativa merecedora dun premio de boas prácticas pola inclusión educativa concedido pola Consellería de Educación. 

Celebramos, o dia 11 de MARZO, o evento MARZO SEN FRONTEIRAS como colofón ao traballo feito durante o curso cos alumnos de segundo do ciclo en colaboración cos de primeiro.

    Foi no curso 14-15 cando empezamos a  nosa andaina neste traballo de INCLUSIÓN a través da actividade física. Un traballo en base a proxectos que cada vez ten mais participantes. Este ano ao alumnado de terceiro e cuarto de Música, ao do Clube de Lectura e algún de Debuxo, o colexio CEE, AMENCER, BATA, o CENTRO OCUPACIONAL SAIAR e a AGRUPACIÓN CON ELES, temos que  unir os enfermos de Parkinson (APROPARK) aos que estivemos dando clases todos os mércores perante todo o curso no horario de 11.15 A 12.45. Foi toda unha experiencia con este colectivo!!!
    Agradecer a todos os colaboradores dos distintos centros educativos a sua axuda e aos colaboradores externos pois sin eles nada podería saír adiante. Colgamos o cartel deste ano pois é a nosa forma de agradecemento.
    Unha xornada moi bonita, emotiva e... sobre todo INCLUSIVA. Ese é o noso obxectivo.
Conchi Pérez, unha das persoas
organizadoras de Marzo sen Fronteiras
 
 
 
O alumnado de música no acto de inauguración:
 

Vídeo en Canal Rías Baixas:

 
Na prensa:

2º BACHARELATO VISITA O CAMPUS DA USC E O PARLAMENTO GALEGO

O alumnado de 2° de Bach  visitou as diferentes facultades do campus Norte e Sur da USC co obxetivo de orientarse de cara a elección das futuras carreiras. Pola tarde visitamos o Parlamento e asistimos a un pleno.

Para ver o album de fotos preme na imaxe

ENTROIDO 2020

Preme na imaxe para ver o album de fotos do Entroido

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "AMOR EN CINCO LINGUAS"

Preme nas imaxes para amplialas
 
Ler as cartas de amor e amizade

LISTADO DE ALUMNADO PREMIADO

CASTELÁN

- Bacharelato: Laura Bralo Ferreira  2º Bach C

 - ESO:

  • 1º ciclo: “Kanetai” Noa Rodríguez Pérez   2ºESO- C
  • 2º ciclo: “Dragonfly” Lucía Cabrera Ferreria  4ºESO- B

FRANCÉS

1ºBacharelato: Nuria Barreiro Castiñeriras

- ESO

  • 1º ciclo: Carmen Vila Tarrío (2°ESOC)
  • 2º ciclo: Alba López Glez. (3°ESOC)

GALEGO

  - Bacharelato: deserto

  -ESO:   

  • 1º ciclo: Alfonso Ramos Martinez  1º A                         
  • 2º ciclo: Vanessa Lorenzo Santamaría  3ºB

INGLÉS

            Bacharelato: deserto

ESO:   1º ciclo: deserto

2º ciclo: Antonio Rey Rey 3º B

LATÍN   

- Bacharelato:

Makdelawit Álvarez Aguete (2º Bach B )  

- ESO:  

  • Sara Mosteiro Otero
  • Miriam Nogueira Oubiña     
  • Rubén Vázquez Lemos       
  • Alejandra Rubianes G.       
  • Uxía Porto Gómez       
  • Lucía Cabrera Ferreira       
  • Antía García González (4º B)
 
 
Ver album de fotos

PROGRAMA PIALE

Este curso dúas profesoras do centro, Eva Abal de Inglés e Matilde Fernández de francés fixeron un programa de Inmersión Lingüística nas súas respectivas linguas de especialidade, unha en Canada e outra en Francia. O PIALE (Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) está destinado ao profesorado que durante un mes comparte aulas con profesores dos países de acollida.

Estas son unhas infografías  para dar a coñecer o sistema educativo de ambos os dous países.

Para ver as infografías, preme nas imaxes
 
Para ler/descargar o PDF, preme na imaxe  
   

PREMATRÍCULA CURSO 2020-21

   

       Ver/descargar prematrícula Bacharelato                     Ver/descargar prematrícula ESO

VISITA DO ALUMNADO DE ARTES Á ESCOLA MESTRE MATEO E À RTVG

Estas son imaxes das visitas a T.V.G. e ó Mestre Mateo realizada por o departamento de Debuxo co grupo de 2 de Bach.
Gracias a Adrián, o relacións públicas da televisión, e Juan Adrió, xefe de estudos do Mestre Mateo por tratarnos tan ben!.

Para ver o album preme na imaxe

O CICLO SUPERIOR PARTICIPA NA SEMANA DA CIENCIA

O ALUMNADO DO CICLO VISITA O CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL DE VILAGARCÍA

O alumnado do ciclo superior TSEASD tivo unha sesión co alumnado do Centro de Educación Especial de Vilagarcía o 5 de decembro. Este vídeo mostra a actividade que levaron a cabo.

O TSEASD RECIBE Á ASOCIACIÓN AMENCER

Varios membbos da asociación AMENCER que traballa con persoas que padecen parálise cerebral viñeron ao noso instituto para compartir un tempo de lecer co alumnado do ciclo superior TSEASD o 26 de novembro de 2019.

25 DE NOVEMBRO: EN LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Manifesto 25N redactado por Natalia Lema, Carmen Martínez e Eva Soto de 2º de Bacharelato para ler no Auditorio Municipal, no acto colectivo de todos os centros do concello, e máis no vestíbulo do centro no segundo recreo.

Performance en memoria das 52 vítimas da violencia machista no que vai de 2019, a cargo do alumnado de 2º ESO, realizada no vestíbulo do centro no segundo recreo.

Manifesto 25 N


De negro. Hoxe, como cada 25 de novembro, vestimos de negro. Hoxe xuntámonos, de negro (tódolos centros educativos de Vilagarcía) para denunciar a violencia que sufrimos mulleres e nenas en todo o mundo. E para berrar claro e moi alto a nosa liberdade.

As estatísticas a nivel mundial son estremecedoras (nenas sen dereito á educación, mulleres queimadas, mutiladas, asasinadas, obrigadas a casar, a prostituirse…). No estado español increméntase o número de violacións,  de asasinatos de mulleres por parte de exparellas ou parellas, de secuestros para o negocio da prostitución, etc..
Nun estado que se di democrático e que celebra con pompa os aniversarios da súa Constitución,  esas cifras producen vergoña.  Queremos berrar que non é democrático ningún lugar onde a xustiza sexa patriarcal, onde exista fenda salarial entre homes e mulleres e, sobre todo, onde decisións como  a de iniciar e romper  unha relación ou pasear e divertirse de noite, ou dispoñer e decidir sobre o propio corpo sexan privilexios duns e non DEREITOS de todas e todos.

Por iso queremos unir o noso berro ao das mulleres que nos precederon, todas as nosas avoas,  todas  as científicas ignoradas, as filósofas, as artistas, as escritoras silenciadas, as bruxas queimadas, as amas de casa invisibles,  ao de todas as mulleres insultadas, explotadas, prostituidas, maltratadas ou  asasinadas.

Aínda que o patriarcado se empeñe en dividirnos e educarnos para ser rivais, todas debemos unirnos nesta loita, como irmás e amigas e animar para que se sumen ás nosas rivindicacións os nosos amigos e compañeiros. Quen quere quedar fóra da loita polo que é simplemente  XUSTO?

En tódalas épocas históricas alguén soñou con cambiar o mundo. As utopías parecen imposibles mentres o son. Nós queremos un mundo de liberdade, de cooperación, de axuda e coidados mutuos, non este mundo de competitividade e rivalidade no que as mulleres temos que denunciar, aprender a desconfiar, aprender a protexernos. Como di a a nosa poeta Ana Romaní  “Non queremos un sitio, queremos outro lugar”.

Por iso (desde este auditorio e)  subliñándoo en NEGRO, berramos a nosa dignidade.

Por mundo EN IGUALDADE E sen VIOLENCIAS.

                                                                                          Natalia Lema Álvarez
                                                                                  Carmen Martínez Caramés
                                                                                                Eva Soto Dorado

                                                                                                            2º Bach

O CICLO TSEASD COA ASOCIACIÓN CON ELES

No marco da colaboración establecida entre o ciclo superior TSEASD e a asociación Con eles houbo un primeiro contacto para preparar as actividades de Marzo sen Fronteiras deste ano. Aquí queda como testemuña este vídeo.

O CICLO SUPERIOR VISITA O SAIAR

O xoves 14 de novembro de 2019 os profes que dirixen o proxecto MARZO SEN FRONTEIRAS e o alumnado de segundo TSEASD que o fai posible, fomos pasar unha mañà ao centro ocupacional SAIAR onde nos explicaron como funcionan os obradoiros de cestería, mobles, xardineria e encadernación. Estivemos toda a mañá con eles e os seus labores.
O proposito foi coñecelos para adaptar as actividades que se levarán a cabo este ano no evento o 11 de marzo en Fexdega. Pasámolo en grande e traballamos un montón. O video é o fiel reflexo diso.

ENCONTROS DAS LECTORAS E LECTORES DO COLE E DO INSTITUTO DE CARRIL

Rapazas e rapaces de 2ºESO que forman parte do clube de lectura "Tira da Páxina" do noso instituto tiveron un encontro coas lectoras e lectores máis peques do colexio do Carril que forman parte do clube de lectura "Os lóstregos". Houbo lecturas compartidas ao longo de dúas sesións e o público, esixente como era de esperar, non deu queixa. Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut