EDL

Entre nós, en galego

Un ano máis o EDL do IES Mestre Landín está traballando na elaboración do calendario escolar do presente curso. Aquí tendes o resultado ata o momento.

Calendario EDLCalendario 2012-2013. EDL do IES Mestre Landín

Como sempre agradecemos a vosa colaboración, para este e para outros proxectos,  e estamos abertos a calquera proposta ou suxestión.

Teatro

 

“O  xuízo  de  Roxelio  Pardiñas , O  Cucutruxo”

 

 

“Os  dedos  da  man” 

A maleta viaxeira

Un curso máis iniciamos un percorrido dende o EDL ata os fogares do noso alumnado. Unha nova maleta viaxeira permitiranos compartir uns minutos de ilusión.

Para os cursos de 1º e 2º de ESO chega a película “Terra de Miranda” e para 3º e 4º “Heroína”.

Compartimos tamén o libro “As maravillas de Galicia” cunha selección de enclaves cheos de encanto.

E para rematar, un agasallo: “Receitario Mariñeiro”, elaborado coa colaboración de toda a comunidade educativa do centro e a petición dunha nova receita utilizando produtos da nosa terra.

 

Curso 2011-2012

Benvidos a este novo curso:

Xuntos novamente compartiremos experiencias, emocións, sorrisos ....  

Ola! Somos un grupo de profesores cargados de ilusións que colaboramos con este departamento.

Iniciamos esta nova andaina cun saúdo agarimoso.

Casilda Basteiro, Carmen Fernández, Conxita López, José Otero, Encarna Pazos, Maite Pérez, Susana Rodríguez, Isabel Sanmiguel, Antonia Segura e Rocío Vieites.

Blogue do EDL

  Pincha na imaxe e visita o noso blogue.

                                                      

Con nós o galego medra

Contemplade o que estamos facendo:

  • títeres
  • maletas viaxeiras
  • receitas mariñas
  • fotos interesantísimas

Distribuir contido