Confirmación de inicio de curso

Bo día. O profesorado e a ANPA do IES Mestre Landín seguimos colaborando para organizar o inicio do curso coa máxima seguridade posible. O alumnado estará sempre sentado a 1,5 m unha vez recibida a confirmación dos desdobramentos precisos e o acondicionamento das aulas.  As materias de libre configuración serán empregadas como reforzo de matemáticas en 1º e 2º da ESO para evitar os agrupamentos de alumnado de diferentes grupos. As solicitudes de participación nas seccións bilingües tamén veranse afectadas polo mesmo motivo.

Comezaremos o día 23 con 1º e 2º da ESO, 24 para 3º e 25 para 4º, aplicando o plan de acollida que reforzará as medidas de hixiene e as normas de organización no centro.  En especial reforzarase a necesidade de manter as distancias de 1,5 m, a hixiene de mans, uso correcto da máscara. Explicarase o emprego da aula virtual da consellería que será a ferramenta de traballo principal en caso de docencia telemática. 

O primeiro día o alumnado levará a casa a declacración responsable que devolverá asinada en conserxería antes do día 29 de setembro.A partir do luns 21 as persoas titoras poñenarnse en contacto telefónico cos responsables do alumnado para confirmar o grupo, transporte, optativas e recoller as dúbidas que poidades ter. Podedes consultar neste enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus a guía de volta segura que axuda a repasar as principais novidades.

A Xefatura de Pontevedra e a empresa de transporte están recollendo as nosas peticións para poder atender as demandas de transporte a través do programa de Tarxeta Xove do alumnado non lexítimo. Esperamos ter confirmación antes do inicio de curso.

Agradecemos a vosa comprensión e colaboración neste esforzo conxunto para a adaptación neste curso 20/21 que de seguro nos traerá novas e positivas aprendizaxes.