Punto Laranxa contra o acoso escolar

Tecnoloxía

EXCURSIÓN A SOTAVENTO E ROTEIRO DA AUGA

Alumnos e alumnas de 3º da ESO e de 4º de Tecnoloxía participaron nesta excursión organizada polos Departamentos de Tecnoloxía, Física e Educación Física. Visitaron o Parque experimental de Sotavento e despois tomaron contacto coa natureza realizando o Roteiro da Auga, en Parga. Máis información na web.

 

CODEWEEK

Alumnado de Tecnoloxía de 2º e 3º da ESO, Tecnoloxía e TICS de 4º da ESO e de Tecnoloxía Industrial e TICS de 1º de BAC participaron a través do Club de Ciencia Zalatecno na CODEWEEK 19.

A súa participación na edición deste ano consistiu na realización de escenas interactivas con Phyton, Java e Html, o deseño de xogos programando por bloques, as prácticas con mbot e a realización de deseños imprimibles.

Google Maps corrixido para A Coruña_ Proxecto do alumando de Tecnoloxía

Google Maps corrixido para A Coruña

Alumnos de terceiro de Secundaria do Menéndez Pidal participan no Galiciencia cun proxecto que optimiza a información da aplicación sobre os roteiros da cidade

gemma malvido 24.04.2019 | 23:33

Google Maps corrixido para A Coruña

Miden o tempo que lles leva ir dun lugar a outro da cidade, fanno andando, no autobús e, coa axuda das súas familias, tamén en coche. Miden o tempo, pero tamén o custo e deciden cal é a fórmula máis sustentable. Para ir ao estadio un día de partido, téñeno claro: sempre a pé, se é dentro da cidade. Son alumnos de terceiro de Secundaria do instituto Menéndez Pidal, de Zalaeta, e levan traballando nesta idea desde o inicio do segundo trimestre. Entre o 8 e o 10 de maio, o proxecto ideado por Daniel Novoa, Anxo Blanco e Iván Pérez, participará no certame Galiciencia, en Ourense.

Un concurso no que competirán 50 iniciativas creadas por estudantes galegos para o fomento da saúde dos bos hábitos. Nesta edición presentáronse 134 equipos, o récord na historia do Galiciencia.

"Decatámonos de que Google Maps ten moitos erros, se lle poñemos que queremos ir desde o instituto en coche até, por exemplo, a rúa Real, di que tardamos nove minutos pero, en realidade, podemos tardar vinte, dependendo das condicións. O que tratamos é de corrixir a Google Maps en certas distancias e tempos que pon. Desde Monte Alto á rúa Real pon doce minutos a pé, pero nós atopamos un camiño moito máis curto, un atallo para chegar antes", comentan Iván Pérez e Anxo Blanco, que son, como Daniel Novoa, alumnos de Paz Freire e membros do Club de Ciencia e Tecnoloxía. Este traballo, que lles gustaría que se convertese no futuro nunha aplicación de móbil que estivese nos petos de todos os veciños, fórono desenvolvendo nos recreos, nas reunións do club e tamén no seu tempo libre fóra das clases.

"Con isto pretendemos tamén fomentar o uso do transporte público", comenta Anxo Blanco, que avoga por que as distancias curtas, as inferiores a tres quilómetros, se fagan sempre a pé, xa que resulta máis rápido e, desde logo, máis barato e menos contaminante e, a partir dos tres até os seis, "o mellor é o bus", xa que é menos contaminante, iso si, non sempre hai esta opción, xa que polas noites só funciona unha liña.

"No caso do estadio, por exemplo, igual no coche chegas antes, pero se tes que buscar onde aparcar ou se, ao combustible lle sumas o aparcamento, xa non compensa", explican.

Unha das cousas que máis lles sorprendeu mentres facían este traballo era "que Google Maps se equivoca moito máis" do que pensaban e, tamén, que hai "moito que mellorar" no transporte público metropolitano, sábeo ben Iván Pérez, que vive en Carral e vai en autobús ao instituto. Pouco a pouco, tarde a tarde, van completando o mapa de roteiros da cidade. Por ver canto tardaban foron camiñando desde o Coliseum ao instituto e, agora, planean chegar até Os Rosales, unha zona que non teñen moi estudada aínda. Se gañan este premio, recibirán mil euros para financiar a súa participación na meirande feira científica a nivel estatal, que se celebrará en Barcelona.

Obradoiros STEAM da exposición Trazos Maestros.

Dentro das actividades programadas polo Club de Ciencia e Tecnoloxía estamos a participar nos obradoiros STEAM da exposición Trazos Maestros.

Participamos con grupos de alumnado de 2º, 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato nos obradoiros STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) organizados pola Dra Paola Guimeráns, experta en Arte e Tecnoloxía (@paolaguimerans) na Fundación Barrié de A Coruña.

Aprendemos sobre técnicas de debuxo, importancia dos debuxos no pasado e a como agora podemos aplicar as novas tecnoloxías para ao noso arte.

Máis información na web de Zalatecno https://sites.google.com/view/cienciaetecnozalaeta/obradoiros/trazos-steam

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer