Punto Laranxa contra o acoso escolar

Música

ENSAIO ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

 

Onte 26 de abril o noso alumnado de 3.° da ESO tivo a oportunidade de asistir a un dos ensaios da Orquestra Sinfónica de Galicia @osggalicia
Actividade organizada polo Departamento de Música.

SORTEO DUN PATÍN ELÉCTRICO

Como parte do Plan Proxecta de Mobilidade Sostible e Segura, iníciase a participación no sorteo dun patinete eléctrico entre o alumnado.
Por cada día, tanto pola mañá como pola tarde, que se asista ao centro educativo nun vehículo non contaminante (como pode ser bicicleta, patinete, monopatín, patíns, etc.) farase entrega no segundo recreo dun boleto para participar nese sorteo a final de curso.
Están habilitados aparcadoiros para gardar estes vehículos: un no pavillón, para gardar a bicicleta, e outro na planta baixa, para monopatíns, patinetes, etc.).
A finais do curso actual sortearase este vehículo de mobilidade persoal, anímate a participar!

PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE

Un grupo de profesorado dos departamentos de Educación Física, Física e Química, Música e Comercio e Márketing está a participar este curso nun proxecto de "Mobilidade sostible", coordinado polo profesor de ciclos formativos José Fernández. As principais liñas de actuación dentro do proxecto son:
✅ Proposta de intervención urbanística
✅ Recuperación de espazos
✅ Intervención e cambio nos hábitos de desprazamento do alumnado
✅ Estudo do impacto medioambiental do abuso dos vehículos de combustión
interna e os seus efectos sobre la saúde pública
Toda a información está dispoñible en:
⚠️Nas últimas semanas xa se puxeron en marcha algunhas actuacións. Permanecede atentos e atentas que de seguido vos contamos máis cousiñas ⚠️

ACTIVIDADES 11F

Organizado polo Club Zalatecno, un curso máis celebramos en Zalaeta a semana de visibilización da muller e a nena na ciencia e na tecnoloxía promovida pola ONU e pola iniciativa 11F. A pesares das circunstancias, contaremos con moitas charlas (presencias ou online) e actividades que se desenvolverán entre o día 2 e o 12 de febreiro. Para mantervos informados e informadas, seguida as redes (@zalatecno en Instagram, @tecnozala en Twitter) ou consultade a páxina web de Zalatecno.

 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

ESTREA DO DOCUMENTAL DO PROXECTO DESEÑO E SON

O venres 27 de novembro tivo lugar na Domus a estrea do documental do proxecto de Deseño e Son. Estamos orgullosos e orgullosas do traballo desenvolvido durante estes anos polas profesoras coordinadoras, Paz e Isabel, e de todo o alumnado participante, sen o cal este proxecto non sería posible.

A curta pódese ver na seguinte ligazón: DOCUMENTAL PROXECTO DESEÑO E SON

 

 

 

 

MAKER FAIRE GALICIA - DESEÑO E SON

O instituto estivo representado na edición de Maker Faire Galicia cos proxectos desenvolvidos polo equipo de Deseño e Son.

No seguinte VÍDEO o profesorado e alumnado participante explican estes proxectos e a súa utilidade. Parabéns polo esforzo e as gañas que amosades en todo o que facedes!

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer