Punto Laranxa contra o acoso escolar

Equipo de Dinamización Lingüística

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA DE ROSALÍA

PROPOSTA DE ACTIVIDADES NO DOCUMENTO ADXUNTO

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Convócase o concurso de postais de Nadal, con tres categorías:

  • ESO
  • Bacharelato e FP
  • Profesorado

A ANPA escollerá unha postal gañadora por categoría, que se empregarán para felicitar o Nadal.

A novidade deste ano é que todas as postais que participen deberán ter algún destino: persoa, institución, establecemento, etc., a escoller polo autor ou autora da mesma.

Máis información nas bases.

ZALACANCELO 2020/21

 

Por segundo curso, a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, púxose en marcha o concurso "Zalacancelo 2020/21", para elixir os dous cancelos que acompañarán ás publicacións do instituto en redes sociais ao longo deste curso. Despois dunha primeira ronda na que o EDLG elixiu dous finalistas para cada categoría, os vencedores foron:

#ZalaetaCaraAdiante de Hugo (1º ESO)

#ConDistanciaPeroXunt@s  de Celtia (2º Transporte e Loxística)

Fin de curso

EDLG E PLAN PROXECTA DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Chegamos a fin de curso e desde os recreos creativos do EDLG queremos despedirnos dándovos as grazas pola vosa ilusión e capacidade de traballo que tivestes  desde a casa.
 
Nesta última actividade, no centro duraría 20 minutos, queremos realizar un resumo do que cadaquén queira representar do vivido nestes meses de atrás e o que está a vivir, tendo en conta o positivo do aprendido: coidados das persoas maiores e de todas, o coidado do medio natural, o valor das cousas realmente importantes, etc.
Poderase representar en galego: nunha colaxe, nun poema, nun videopoema, un audio, nun texto literario, nun caligrama, nun debuxo, nun texto en prosa ou en teatro.
A representación terá un lema en galego: un título en galego que resuma estas vivencias.
Podedes escoller calquera das actividades das semanas anteriores: minilibro, caligrama, ..., para realizar esta actividade.
 
Queremos despedirnos desde o EDLG dándovos os parabéns e as graciñas por participar durante todo o curso nas actividades do EDLG e durante estes meses desde a casa.
 
Graciñas e feliz verán.
 
EDLG
IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

ROTEIRO DA MULLER

Primeiramente, dicirvos que esperamos que vos atopedes moi ben, con ánimo e pensando en positivo. 
 
A semana anterior, antes de irnos de vacacións, deixámosvos desconectar dos recreos creativos, coa finalidade de que tivésedes menos actividades, dado que non queremos atafegarvos desde o EDLG con máis traballo, recordade, esta actividade é para axudarvos a desfrutar de actividades do EDLG desde o lecer creativo, é como un recreo desde a casa, non son deberes, co cal podedes facelo en calquera momento ao longo da semana ata o xoves que vén e despois enviarnos ese traballo feito, se queredes, ao cal vos animamos, que seguro que quedan marabillosos eses traballos, o que si é seguro é que serán realizados con moito entusiasmo e agarimo, como cando estabamos no centro. 
Estes 20 minutos de recreo desta semana consistirán nun roteiro, relacionado coa muller, un roteiro que se comezou a organizar nas aulas relacionado co Plan Proxecta de innovación en dinamización lingüística e con terceiro da ESO. Hoxe nós imos facer unha parte do que se realizou na aula recordando á muller con el e partindo de casas de mulleres escritoras e outros lugares de referencia.
 
A proposta é:
 
ROTEIRO DA MULLER
 
1) Prepara o material necesario para tomar nota: lapis, goma, lapis de cores, acuarelas e pincel..., aquilo que vexas que vai axudar a mellorar o resultado, porque imos trazar en papel o roteiro.
 
2) Primeiro partiremos da Casa de Rosalía de Castro, na cidade vella, e moi preto da Praza da Fariña, a actual Praza de Azcárraga. Marcamos este punto no roteiro e poñemos o nome de Rosalía de Castro, debuxamos a imaxe de Rosalía ou a dun libro dela, o que queirades, senón debuxadas en letras bonitas as do nome da escritora.
 
3) Despois trazamos unha liña en direccion á Casa de Francisca Herrera, ao lado da de Rosalía e, aproveitamos a marcar esta parada de camiño á Praza da Fariña. Aquí escribimos o nome con letras bonitas e debuxamos algo que identifique a Francisca Herrera, se podemos, senón o nome.
 
4) Trazamos outra liña desde o punto anterior e baixamos da Praza da Fariña á Real Academia Galega, na rúa Tabernas.
Aquí debuxamos a porta co indicativo de Real Academia Galega.
 
5) Trazamos unha liña desde a Real Academia Galega, ten nome feminino, e cómpre facer unha parada aquí para lembrar a todas as mulleres escritoras e a todas as mulleres, despois debuxamos o porto da Coruña, para refrescarnos co mar e os barcos, despois trazamos outra liña cara aos Cantóns e paramos diante da escultura de Emilia Pardo Bazán, debuxamos a escultura ou, con letras bonitas, poñemos o nome de Emilia Pardo Bazán, rodeada de árbores.
 
Este roteiro pretende facer un percorrido pola nosa cidade para ademais coñecela, o roteiro da muller, e podedes incluír aquelas mulleres que queirades cando rematedes este roteiro, a idea é poder viaxar desde a casa, cando o rematedes podedes telo de man para pasear desde a casa cando precisedes. 
 
Esperamos que sigades ben.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

No comezo deste novo curso 2021-2022 formamos parte do equipo persoas que representan todos os grupos que compoñen a comunidade educativa (profesorado, alumnado e persoal non docente). O actual EDLG está integrado por:

PROFESORADO e PERSOAL NON DOCENTE

  • Ana Regueira Rodríguez (profesora de Xeografía e Historia)

    Begoña Iglesias Cao (profesora de Ciclos formativos)

    Pilar Iglesias Sánchez (profesora de Relixión)

    Estela Veiga Cougil (profesora de Ciclos formativos)

    Helena Rosario Maseda Ferreiro (profesora de Ciclos formativos)

    Isabel Mesejo Santiago (profesora de Ciclos formativos)

    Juan Carlos López González (profesor de Educacion Plástica e Visual)

    María Elena López Blanco (profesora de Ciclos formativos)

    Nuria Pérez Castelo (profesora de Ciclos formativos)

    Henrique Rabuñal Corgo (profesor do Departamento de Lingua Galega e Literatura)

    María Dolores Vilariño Suárez (profesora de Lingua Galega e Literatura)

    Roberto Gayoso Nieto (Persoal non docente)

    Soledad Seoane Sobrino (Ciclos formativos)

    María Josefa Castro López (coordinadora do Equipo de dinamización lingüística e profesora de Lingua e literatura galega)

 

 ALUMNADO


  • Laura Aradas Martínez (1º ESO A)


    Xoana Balirac Calvo (1º ESO A)


    Carolina Basanta Méndez (1º ESO A)


    Amara Carril López (1º ESO A)


    Alba Eiroa Seoane (1º ESO A)


    Sofía Fernández Brage (1º ESO A)


    Óscar Lires Crecido (1º ESO A)


    Leo Sánchez Muñoz (1º ESO A)


    Violeta Barcia Romay (1º ESO B)


    Cloe Delgado Taboada (1º ESO C)


    Arantxa Calvete Eirís (1º ESO D)


    Nuno Garcia Pena (1º ESO D)


    Oreste Marco Rodríguez Papaleo (1º ESO D)


    Marco Rodríguez Papaleo (1º ESO D)


    Orestes López Fernández (1º ESO D)


    Xiana Souto Regueiro (3º ESO A)


    Érika Pineda Gascón (3º ESO B)


    Brian Blanco Gómez (3º ESO C)


    Nicolás Sánchez Pazos (3º ESO C)


    Lucía Oreiro Vázquez (3º ESO D)


    Juan Darío Castro Mateo (4º ESO A)


    Noa Villaverde García (4º ESO A)


    Pablo Mallo Ferrer (4º ESO C)


    Carla Varela Coto (1º de Bacharelato HHCS HH-C)

 

 

SDS

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer