Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2021-2022

17 DE MAIO: LETRAS GALEGAS

 

Celebramos este día das nosas letras con diversas actividades. Unha, xincana polo instituto para coñecer máis a Florencio Delgado Gurriarán, murais e traballos sobre o autor realizados por 1.° e 2.° da ESO, e expostos coa colaboración de 3.°B da ESO, e xogos sobre os libros que se leron este ano e sobre as persoas ás que se lles dedicou o Día das Letras Galegas. Ademais, contamos coas visitas de Estíbaliz Espinosa e de Laura Romero.

VIAXE ERASMUS A PORTUGAL

 

Despois da viaxe a Illa Reunión, o seguinte destino do noso proxecto Erasmus foi Portugal. Ana López e Maite Bellas, as profes á fronte desta expedición, resúmennos neste vídeo as mellores lembranzas dunha semana chea de vivencias e aprendizaxes.

ESCAPARATE DUNHA TENDA DE COMPLEMENTOS

Escaparate de complementos de verán realizado polo alumnado de 1.° de ciclo medio de Actividades Comerciais. Todo listo para dar a benvida ao bo tempo!

ERASMUS ILLA REUNIÓN

A finais do mes de marzo unha delegación do noso instituto, encabezada polos profesores Violeta Bellas e Manuel Rodríguez, viaxou a Illa Reunión dentro do programa Erasmus desenvolvido con participantes doutros países: Portugal, Noruega e Austria.

Unha experiencia moi gratificante, para profes e alumnado, que Violeta nos resume nas seguintes liñas, e da que podedes facervos idea a través do seguinte vídeo:

 

 

  • Luns, 28 marzo, no auditorio, tremendas instalacións, do IES Mémouna Hintermann Aelée. Cada país fixo unha presentación en inglés (lingua franca do Erasmus) sobre os seus países e as súas cidades. Previamente fomos recibidos polo equipo directivo. Os alumnos de Hostelería servíronnos o café e a comida. Pola tarde fomos recibidos no concello de Saint-Denis e déronnos unha visita guiada ao centro histórico: unha mestura de cinco pobos diferentes(franceses, hindúes, chinos, árabes e malgaches) fixo que a illa adoutase o nome Réunion, despois de ser chamada Bourbon (xa que a nosa familia real era dona do territorio) 
  • Martes 29 de marzo. Rumbo ao volcán Piton de la Fournaise. Sendeirismo polo Pas de Bellecombe e ata o cráter coñecido como Formica Leo. Despois visitamos o Centro de Interpretación do Volcán.
  • Mércores 30 de marzo. Traballamos no centro sobre o "Melting pot", un obxecto que representa algo do noso país e que os demais tentaban de adiviñar cos ollos tapados. (Levamos abanos para todos e unhas cunchas que ninguén adiviñou o que eran. Hai dúas xa en Noruega, na casa do profesor de Música Per Audun). Visitamos o Lazaret, punto de chegada á illa onde os inmigrantes debían gardar corentena. Lugar que espertou emocións, xa que moitos dos antepasados dos alumnos viñan de permanecer illados e separados antes de comezar unha vida nova na illa da Réunion. Os alumnos fixeron unha intervención sobre as impresións que lles causou o lugar.
  • Xoves 31 de marzo: á praia, para ver os corais, a barreira de coral, a fauna mariña. Visitamos despois de xantar o centro de recuperación de tartarugas mariñas Kelonia Museum, Tamén o Xardín Botánico. Na praia de L`Hermitage estivemos ata a noite, os pais trouxeron a comida e fixemos unha boa xornada no mar baixo as cores do solpor. Incrible.
  • Venres 1 abril. Día dos Inocentes. Houbo a representación teatral relacionada coas migracións que ao longo da semana aprenderon a profundizar. Comida de todos xuntos no centro de Saint-Denis.
  • Sábado 2 de abril. Volta a casa.

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO

A Consellería de Cultura, Educació e Universidade vén de publicar as seguintes directrices sobre o uso da máscara no ámbito educativo para a Comunidade Autónoma de Galicia.

RESUMO:

- Obrigatorio o uso da máscara no transporte escolar.

- Recomendado:

  • Persoal traballador do centro educativo.
  • Alumnado do centro educativo.
  • Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia: persoas traballadoras e visitas en zonas compartidas.
  • Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

 

CALENDARIO DE FIN DE CURSO - 2º BACHARELATO

Ver documento adxunto.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer