Punto Laranxa contra o acoso escolar

book

 

 


As súas funcións así como a súa composición, veñen reguladas no  Decreto 120/1998, [DOG. 27-04-98]; sendo as 11 funcións primordiais que o Decreto determina, fundamentais. En conxunto e de xeito resumido, nelas especifícase claramente que este Departamento é o encargado de contribuír ao desenvolvemento da orientación educativa, psicopedagóxica e profesional do alumnado; da elaboración do plano de acción titorial, dos criterios das adaptacións curriculares, das modalidades de apoio aos alumnos e alumnas con problemas de aprendizaxe e dos programas de diversificación, entre outras funcións.

 

No caso do noso centro convén recordar a estreita colaboración entre o Departamento de Orientación e a Xefatura de Estudos á hora de coordinar e planificar as actuacións relativas á promoción ou acceso do alumnado  aos  diferentes niveis educativos (Ciclos Formativos, ESO, Modalidades do Bacharelato, saídas profesionais e universitarias, programas de garantía social), co ánimo de orientar e facilitar aos alumnos e alumnas implicados a maior e máis completa información para  as súas opcións.

Esta permanente comunicación e coordinación tamén se da coas persoas titoras, especialmente coas da ESO ,coas que se ten unha reunión semanal .
A Xefatura deste Departamento desempeñaa un funcionario/a do corpo e especialidade que a vixente lexislación determina  [Psicoloxía-Pedagoxía]; actua baixo a dependencia directa da Xefatura de Estudos e en estreita colaboración co Equipo Directivo, Xefes/as de Departamento e Titores/as. Dentro das súas funcións, así mesmo, está a de  elaborar e dar a coñecer aos alumnos e alumnas a información relativa ás actividades do Departamento. Tamén debe ser o  Xefe/a  do Departamento de Orientación, en colaboración cos demais membros do Departamento, o que se responsabilice de facer chegar toda a información, respectando o secreto profesional e o ámbito privado, que poida servir ao resto da Comunidade Educativa.
Son competencia da xefa do departamento de Orientación:

  • Dirixir e coordinar as actividades do departamento.
  • Responsabilizarse da redacción do Plan de actividades e da memoria final de curso.
  • Participar na elaboración do Proxecto Educativo de Centro.
  • Coordinar a organización de espazos e instalacións para a orientación, a adquisición de material e o equipamento específico asignado ao departamento, e valar polo seu correcto uso e conservación.
  • Colaborar co secretario/a na elaboración e actualización do inventario do centro.
  • Proporcionarlle ao alumnado e aos restantes membros da Comunidade educativa información propia do Departamento de Orientación.
  • Colaborar coas titorías e cos departamentos do centro.
  • Reunirse unha vez por semana coas persoas titoras dos catro cursos da ESO.
  • Contribuír á colaboración e coordinación do departamento de orientación do centro cos departamentos de orientación da zona.
  • Velar para que a elaboración das adaptacións curriculares apropiadas para alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais se realice de acordo os criterios establecidos polo Claustro, e colaborar na súa elaboración, seguimento e avaliación.
  • Coordinar en colaboración co profesor/a de apoio, a atención do alumnado con necesidades educativas especiais tanto de sobredotación como calquera discapacidade motora, psíquica ou sensorial; e as cuestións relacionadas coa educación e a estadía no centro destes alumnos/as.
  • Elevar proposta ao xefe/a de estudos para organizar a docencia do alumnado con NEE.

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer